lunes, 1 de junio de 2009

EU ESIXE A DERROGACIÓN DA DIRECTIVA BOLKESTEIN E PROPÓN UN SALARIO SOCIAL BÁSICO PARA TRABALLADORES E TRABALLADORAS EN PARO SEN PRESTACIÓNS

As cifras do desemprego no Estado superaron xa os 4 millóns de parados e paradas, máis de 1 millón xa non teñen ningunha prestación e máis de 1 millón de familias nas que todos os seus compoñentes en idade activa están no paro. Polo tanto, segue a destrución de emprego e se agrava a situación de parados e paradas e as súas familias. Pero os cidadáns e as cidadás teñen dereito a non conformarse con "o menos malo", teñen dereito a que propostas concretas se abran camiño e ademais con urxencia para resolver a situación.

Todo iso ten moito que ver coas eleccións Europeas do 7 de xuño e, sen embargo, ningún dos partidos ofrece propostas concretas agás Esquerda Unida. Para evitar o aumento da destrución de emprego a priemeira medida a tomar debe ser impedir os Expedientes de Regulación de Emprego (ERE) en empresas que obteñen beneficios.

En Europa, EU esixe a derrogación da Directiva Bolkestein que o PP e PSOE apoiaron en Europa para liberalizar os servizos; unha directiva que vai exercer unha presión tremenda sobre os salarios, as condicións de traballo e o despido. O modelo de flexiseguridad que PP e PSOE apoian din que permitirá a flexibilidade e a seguridade para as persoas traballadoras. Os últimos anos xa estiveron marcados por un retroceso das medidas de protección da clase traballadora en favor das empresas. Por mor de estas medidas, só un 60% das persoas traballan en condicións que son as dun contrato clásico. As outras traballan a tempo parcial, con contratos temporais, en prácticas, en interinidades ou como becarias sen dereitos laborais ou son traballadoras autónomas. Polo tanto as persoas traballadoras xa sofren suficiente flexibilidade. Baixo o pretexto da competitividade, as empresas piden aínda máis vantaxes en función dos seus intereses.

A Unión Europe plégase á vontade das empresas e promove a penetración do concepto de flexibilización no dereito laboral a través do concepto novo de flexiseguridad (2007) e no Libro Verde do Traballo da Comisión Europea (2006).

EU propón un salario Social Básico a nivel Europeu para os traballadores e traballadoras en paro sen prestacións.

Desde EU entendemos que o "Salario Social Básico" é unha medida compensatoria de distribución da renda para posibilitar a subsistencia das persoas paradas en idade de traballar que por non haber cotizado á Seguridade Social ou haber esgotado a prestación de desocupación non reciba este e non consiga ningunha ocupación no mercado de traballo. O Salario Social Básico é unha medida de transición ata chegar a unha sociedade de pleno emprego e o pleno desenvolvemento dos servizos públicos universais.

A adopción dunha directiva sobre o Salario Social Básico supoñería un paso para a garantía do dereito subxectivo de subsistencia en toda a UE.

No hay comentarios:

Publicar un comentario