domingo, 24 de mayo de 2009

Carlos Portomeñe na súa intervención

REINAUGURACIÓN DA SEDE DE EU-IU EN LUGO

Esquerda Unida de Lugo reinaugurou a súa sede comarcal en Carril do Son, logo de realizar obras de acondicionamento que se prolongaron ao longo de dous meses. No acto participaron numerosos militantes, simpatizantes e amigos, así como representantes de movementos sociais da cidade que disfrutaron dunha xornada onde houbo tempo para a política e tamén para a celebración. Destacar a presencia de diferentes xeracións de militantes, entre ois que destacaban históricos loutadores antifranquistas da cidade.

David Álvarez, Santos Costa e Jorge Castro, memoria viva

Carlos Portomeñe dirixuise aos presentes destacando a alegoría dun local que reabre con transformacións profundas simbolizando o relanzamento de Esquerda Unida, a única forza política coherente, vinculada aos problemas reais da cidadanía e con alternativas para Lugo. Nese sentido, destacou a súa convicción na volta de EU-IU ao Concello dentro de dous anos como culminación do traballo que se ven desenvolvendo e que se incrementará nos vindeiros meses. Por suposto, como non podía ser menos tratándose do día de inicio da campaña das eleccións europeas, destacou a necesidade de tensionar a electorado de EU-IU para acadar o mellor resultado nuns comicios marcados pola sombra da abstención.
Posteriormente, os presentes compartiron un ágape que se prolongou varias horas, nunha xornada marcada pola fratenidade e a camaradería.

Unha xornada de confraternidade e camaradería

No hay comentarios:

Publicar un comentario