O TABOLEIRO DE XEDREZ DE RUBALCABA
Carlos Anxo Portomeñe Pérez / 27 may 09
Hai xa moito tempo que non creo nos reis, e menos aínda se son magos. Todo está calculado na política desenvolvida pola maquinaria dos grandes partidos, incluso a escenificación dos seus enfrontamentos. Pero se ademais por medio se atopa Pérez Rubalcaba, o dominador dos corredores do Congreso, as xogadas mostrarán a precisión milimétrica da mestre do xadrez.
Dicía Javier Ortiz que Rubalcaba "limítase a concentrarse intensamente na resolución táctica dos problemas cos que se vai tropezando o seu patrón de turno. E se son problemas presentables, ben. E se son problemas impresentables, o mesmo".
Estamos falando do actual Ministro do Interior, non de Heidi. Xestiona dito ministerio desde 2006, pero anos antes xa exerceu de relator en proxectos de lei como o regulador do Centro Nacional de Intelixencia, o proxecto de prevención e bloqueo do financiamento do terrorismo e o proxecto de sociedade da información e comercio electrónico, entre outros.
É el quen dirixe as forzas de seguridade do Estado, coñece os segredos oficiais e dirixe os servizos de espionaxe.
Íntimo amigo de Javier Solana desde a súa inicial militancia no PSOE en 1974, voceiro do goberno en plena crise dos GAL, está á fronte das manipulacións do seu secretario xeral Joaquín Almunia e os ex-militantes de IU Antonio Gutiérrez, Cristina Almeida e Diego López Garrido a mediados dos anos 90.
Precisamente sería este último quen lle substituiría anos despois como voceiro do PSOE no Congreso. Foi o artífice no ano 2000 da envelenada proposta a IU de retirarse en 34 circunscricións electorais para impedir o triunfo do PP, que posteriormente desembocaría nun pacto forzado polas dúas direccións.
Dita proposta esbozaríaa el mesmo aos dirixentes de IU nunha manifestación de condena por unha atentado etarra celebrada en Madrid,tres días antes de facela pública aos medios de comunicación. No 2006 nomea asesor do ministerio do interior ao dirixente de IU Pedro Antonio Ríos, quen un ano despois, en setembro de 2007, propón listas conxuntas de PSOE e IU para "derrotar á dereita" e que IU obteña un ou dous deputados máis.
Hai quen cre ingenuamente que militar no Partido Comunista de España é como militar nunha asociación de veciños ou nunha ONG; pero non todos pensan o mesmo dun partido de tradición histórica revolucionaria. O PCE resultou triunfante na IX asemblea federal (que cada un especule en que grao), e en plena crise económica unha forza cun millón de votos fala de folga xeral, de nacionalización da banca, de república, de laicismo, de anticapitalismo e sinala sen complexos aos responsables directos da crise, entre eles o PSOE e o PP.
Dicía o propio P.A. Ríos cando se refería ao millón de votantes de IU que "cando esta xente teña un problema, e chegarán os problemas, irá á rúa a atopar a resposta. Porque se o sistema non lles proporciona unha canle, cargarán contra o sistema". Esa é a intención directa do PCE. O coordinador xeral de IU, Cayo Lara, recuperou boa parte do discurso e a credibilidade que IU perdera.
Hei aquí que tan só uns días antes das eleccións europeas estoupan dúas "crise" por dereita e esquerda: a ex-alcaldesa de Córdoba dá o paso definitivo ao PSOE e un sector de IU escandalízase porque estima que non se condena convenientemente a ilegalización de Esquerda Internacionalista, coalición que inclúe a unha coñecida ex-dirixente de IU á fronte.
Cinco meses falando de loita de clases, centrando o discurso anticapitalista, chamando á mobilización contra a crise económica, reivindicando o republicanismo e o federalismo para que, como é habitual nos últimos anos, a brecha se abra desde fóra por un tema relacionado co terrorismo e a cuestión nacional.
Non procede aquí valorar a posible timidez, desacerto ou covardía de IU na valoración. Trátase de sinalar que Rubalcaba e o PSOE sabían mellor que ninguén, especialmente os seus asesores, que non había argumentos xurídicos para ilegalizar II, unha coalición á que non coñecían na súa casa á hora de comer. E digo coñecían, porque agora goza de artigos, entrevistas e portadas en todos os periódicos. A campaña das eleccións europeas xira en torno aos binomios PSOE-PP e UPyD-II.
Que algúns sigan esperando o agasallo dos reis magos, pero que saiban que Rubalcaba, unha vez máis, estase partindo de riso.

No hay comentarios:
Publicar un comentario