jueves, 4 de junio de 2009

A aberración no Parque de Rosalía é unha boa mostra da especulación do "ladrillo"

AMPARÁNDOSE NO INFORME AUKEN EU-IU LEVARÁ O PXOM DE LUGO AO PARLAMENTO EUROPEO

Tamén plantexará preguntas á Comisión Europea sobre as costas do Parque Rosalía

O 11 de Febreiro de 2009, a Comisión de Peticións aprobou o informe AUKEN sobre o impacto da urbanización extensiva en España. Pese aos intentos do PSOE e o PP de evitar a responsabilidade das administracións públicas españolas, nin tan sequera os seus respectivos grupos en Europa aprovaron as súas emendas.

O informe é un varapalo á política especulativa do PP e o PSOE, pois recoñece que España desenvolveu un modelo de crecemento económico devastador, tanto para o medio ambiente como para a propia economía española. Aprobouse a declaración dunha moratoria dos plans urbanísticos que non respectan os criterios de sostenibilidade medioambiental e de responsabilidade social. Neste sentido, unha vez constituído o Parlamento Europeo, Esquerda Unida levará a través do seu grupo parlamentario a solicitude de paralización do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) por ser un plan especulativo que encaixa nas características descritas anteriormente. Por proposta de IU aprobouse unha emenda instando ao Goberno Español a crear unha Comisión de traballo onde participen todas as administracións e un debate público sobre o desenvolvemento urbanístico en España que permita tomar medidas lexislativas contra a especulación e o desenvolvemento insostible. As autoridades españolas fixeron caso omiso do informe, non recibiron á Sra. Auken na súa visita ao noso país en xaneiro, nin compareceron na Comisión.

O goberno español baseou a súa economía no ladrillo, facendo de España o país onde máis vivendas se constrúen de toda Europa. Este crecemento non pode xustificarse en termos de demanda de vivenda, nun país con 3 millóns de vivendas baleiras, máis de 16.000 na cidade de Lugo, ás que se suman centos de miles de vivendas ilegais, e cunha precariedade xeneralizada de recursos, en particular do auga, que fan inviables gran parte dos plans previstos.

As administracións españolas, empezando polo Concello de Lugo, deixaron a un lado o interese xeral e sometéronse aos intereses da especulación inmobiliaria. Promóvense as grandes infraestruturas que posibilitan a especulación do territorio (autoestradas, trens de alta velocidade, aeroportos, portos), a miúdo con subvencións millonarias da UE, mentres se acrecenta un estado de precariedade xeneralizada en todas as infraestruturas básicas e os servizos que o cidadán necesita.

Como recolle Auken, a lentitude das resolucións, tanto políticas como xudiciais, deron lugar a unha gran impunidade das administracións. Moitos dos proxectos de urbanización que vulneran abertamente a lexislación, están finalizados antes de que ningún organismo logre tomar postura. Deste xeito, o dano está feito sen que se faga unha restitución da zona ao seu estado anterior. Por elo EU-IU formulará varias preguntas á Comisión Europea e porá o asunto das costas do Parque Rosalía en mans das autoridades comunitarias. En concreto, informará sobre a actuación política e a parálise xudicial no tema da construcción de 6 bloques de apartamentos, co obxectivo de contribuir a parar dita aberración urbanística e como apoio das xustas reivindicacións da Asociación en Defensa do Parque Rosalía.

Esquerda Unida e o Grupo Unitario Europeo realizaron varias emendas coa intención de profundar na vertente medioambiental do informe e no sentido de esixir:

unha moratoria dos plans urbanísticos, que non respectan os criterios de sostenibilidade medioambiental e responsabilidade social, e que se deteñan os desenvolvementos urbanísticos en curso que non respecten o dereito comunitario. Moratoria xeral na recalificación.

instar ás autoridades a establecer mecanismos xudiciais e administrativos rápidos e eficaces, que faciliten o acceso dos cidadáns

unha resposta en firme da Comisión, que supoña a resolución dos procedementos de infracción en curso e a aplicación efectiva de medidas por un lado correctivas das vulneraciones existentes, e por outro, executivas das sancións pertinentes fronte aos seus responsables.

• solicitar opinión da Comisión de Asuntos legais do Parlamento Europeu.

• recomendar ás autoridades españolas á creación dunha comisión de investigación que resolva sobre os abusos urbanísticos e elabore unha resposta integral, que implique a revisión da lexislación pertinente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario