domingo, 7 de junio de 2009

Portada publicada na xornada de reflexión por elprogreso.es http://elprogreso.galiciae.com/?id=32880&accion=estatico

ESQUERDA UNIDA PRESENTA NA XUNTA ELECTORAL PROVINCIAL UNHA DENUNCIA CONTRA A EDICIÓN DIXITAL DE EL PROGRESO POR VULNERACIÓN DA LEI ELECTORAL

Considera que difundiu propaganda electoral e enquisas na xornada de reflexión e na xornada electoral

Esquerda Unida presentou esta mañá unha denuncia ante a Xunta Electoral Provincial e o Xulgado de Guardia contra o diario El Progreso pola publicación durante a xornada de reflexión de propaganda política a través da súa páxina dixital.

En concreto, a páxina web de El Progreso contén un espacio publicado con data 6 de xuño titulado "QUE SE DECIDE EN BRUXELAS? UN REPASO AOS PROGRAMAS DOS PARTIDOS CON REPRESENTACIÓN GALEGA E AOS SEUS CABEZA DE LISTA". Neste enlace poden verse as propostas programáticas de unicamente catro partidos políticos: Partido Socialista Obrero Español, Partido Popular, Bloque Nacionalista Galego e Izquierda Internacionalista.

Ademáis, o enlace situado no logotipo de cada partido político conduce a unha enquisa do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS), así como a unha entrevista cos candidatos respectivos de cada partido na que se induce ao voto e ao perfil político de cada un deles

A xuízo de ESQUERDA UNIDA os preceptos legais recollidos na LOREG (Lei Orgánica de Réxime Electoral Xeral) e especialmente a realización de actos de propaganda unha vez finalizado o prazo da Campaña Electoral e a publicación de enquisas fóra do tempo legal están sendo vulnerados por parte da páxina web de El Progreso http://elprogreso.galiciae.com/?id=32880&accion=estatico

Asemade, baixo o epígrafe "Un repaso aos programas dos partidos con representación galega e aos seus cabeza de lista" exclúense forzas políticas que concurren aos comicios con candidatos/as galegos/as, contando no caso de Esquerda Unida con representación no Parlamento Europeo (dous eurodiputados), o cal vulnera os principios de respeto ao pluralismo e aos valores de igualdade que inspiran toda a lexislación electoral e están contidos no artigo 66 da LOREG, e que son extensibles aos medios de comunicación privados baixo concesión administrativa.

Texto da denuncia:


No hay comentarios:

Publicar un comentario