viernes, 5 de junio de 2009

ESQUERDA UNIDA REALIZOU UNHA INTENSA CAMPAÑA ELECTORAL EN LUGO

Os invisibles dos medios de comunicación

Esquerda Unida de Lugo rematou hoxe a campaña electoral das eleccións europeas coa satisfacción de ter cumpridos os obxectivos marcados no seu inicio. O último día de campaña non faltou a anécdota. A delegada provincial da Xunta de Galicia ordeou a EU retirar o toldo electoral situado na explanada do edificio (moi amablemente, iso si). O argumento foi que se trata dun espazo privado (¿a Xunta é un espazo privado?) que non pode ser utilizado por partidos políticos. Despois de intentar, sen conseguilo, solucionar o tema mediante o diálogo, EU retirou o toldo e repartiu na praza de Ferrol. Non hai problema.

Foi unha campaña descafeinada, con pouca presenza dos grandes partidos pero coa sensación habitual que transmiten os medios de comunicación, unha vez máis, de que isto é cousa de dous e medio.

Esquerda Unida repartiu en Lugo máis de 3.000 trípticos co seu programa a través de repartos na rúa e coa súa carpa, pegou 1.000 carteis, emitiu comunicados de prensa diarios coas súas propostas, levou "mailing" á cidade, e a través do seu blog desenvolveu unha importante actividade en internet cunha media de 49 usuarios lucenses de media diarios.

¿Somos os invisibles? Se os cidadáns e as cidadáns so o xulgasen polas aparicións en prensa, Esquerda Unida non existiría en Lugo. Sen embargo, eses que atopan pola rúa repartindo o seu programa, eses carteis que inundan a cidade de vermello, eses que chaman á mobilización contra a crise, eses son os membros dunha forza política que anuncia tempos novos na cidade, que algo se move en Lugo que rompe tópicos, que a dignidade é algo máis que ter cartos e caciquear desde as institucións.

Seguindo a Bertolt Brecht, os de Esquerda Unida loitan todos os días durante toda a vida, estean nas institucións ou non. Polo tanto non son os invisibles, son os imprescindibles.

Saúde e III República.

No hay comentarios:

Publicar un comentario