jueves, 11 de junio de 2009

VALORACIÓN RESULTADOS ELECCIÓNS EUROPEAS

ESQUERDA UNIDA IGUALA OS RESULTADOS DAS PASADAS ELECCIÓNS AUTONÓMICAS PESE Á BAIXADA DUN 22,41% NA PARTICIPACIÓN

Con 610 votos, repite os resultados das eleccións europeas de 2004

Esquerda Unida considera que os resultados obtidos nas eleccións europeas son satisfactorios, continúan a tendencia á alza das últimas citas electorais e permiten consolidar a súa base electoral de cara ás eleccións municipais de 2011.

Esquerda Unida acadou 610 votos, o 1,63%, o que supón igualar os resultados obtidos nas anteriores eleccións europeas celebradas en 2004. Con respecto ás eleccións autonómicas celebradas en marzo pasado, EU-IU pasa no municipio de Lugo do 1,23% dos votos acadado hai tres meses ao 1,63%, e obtéñense tan só 68 votos menos que nos comicios autonómicos pese a que acudiron a votar 17.292 persoas menos, baixando a participación un 22,41%.

De feito, Esquerda Unida é a única forza que conserva os votos con respecto ás eleccións autonómicas de hai tres meses pese ao descenso de participación, segundo se pode comprobar no seguinte cadro:

Autonómicas Votos e % Europeas Votos e % Diferencia e %

EU-IU

668 aaaaaaaaaaaa 1,23%

610 aaaaaaaaaaa1,63%

-58 / +0,4%

PP

24.047aaaaaaaaaa44,13%

17.881aaaaaaaa47,78%

-6.166 / +3,65%

PSOE

18.297aaaaaaaaa 33,58%

14.004aaaaaaaa37,42%

-4.293 / +3,84%

BNG

8.038 aaaaaaaaaa14,75%

2.848aaaaaaaaaa7,61%

-5.190 / -7,14%

UPyD

1.346aaaaaaaaaaa 2,47%

629aaaaaaaaaaaa1,68%

- 717 / -0,79%

Comparativa en nº de votos e porcentaxe das Autonómicas e as Europeas de 2009



Este dato confirma que Esquerda Unida é unha forza en alza pese aos atrancos cos que se atopa para participar en igualdade de condicións con outros partidos. Sinalar que unha campaña electoral se basea fundamentalmente na propaganda e na posibilidade de chegar á cidadanía coas nosas propostas.

Neste sentido, hai que destacar o baleiro informativo dos medios de comunicación que en quince días non fixeron nin a máis mínima mención de EU-IU, pese a recibir información das nosas actividades a diario. O sistema democrático baséase no pluralismo político recollido no artigo 1º da Constitución Española. É absolutamente indecente e obsceno que se menosprecie de xeito tan descarado á terceira forza política deste país, que representa a un millón de votantes, e que nestas eleccións en concreto contaba co amparo da lei electoral por ter representación no Parlamento Europeu.

EU-IU tamén considera que a excesiva fragmentación da esquerda alternativa afecta negativamente aos resultados electorais. España é o país de Europa que presentaba máis candidaturas, moitas delas do espectro político de esquerdas e algunhas vinculadas nun pasado recente a IU. Hoxe, en plena crise económica, faise necesaria a converxencia política da esquerda alternativa deste país.

Pese a todo, EU-IU recorta de xeito importante a distancia que a separa da terceira forza no Concello, o BNG, e recupera o posto de cuarta forza máis votada na provincia.

Asemade, EU-IU destaca a importancia de repetir escanos no Parlamento europeu pese á reducción da cuota correspondente a España de 54 a 50 eurodiputados. Tal e como se anunciou durante a campaña electoral, EU-IU seguirá levando ao Parlamento Europeu os problemas fundamentais da nosa provincia desde o momento en que se constitúa o grupo parlamentario.

Agradecer o apoio recibido polos/as votantes de Esquerda Unida, que pese ás dificultades e atrancos confían nunha saída pola esquerda aos problemas do noso municipio e acuden fieis á cita coas furnas. O noso compromiso é traballar sen desalento ofrecendo alternativas. Non lles defraudaremos.

Consello local de Esquerda Unida Lugo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario