miércoles, 15 de julio de 2009



EU-IU ADVIRTE QUE A ACTUACIÓN DO CONCELLO PON EN PERIGO A DECLARACIÓN DA MURALLA COMO PATRIMONIO DA HUMANIDADE
Calquera actuación sustancial dentro de murallas debe ser informada á UNESCO


Esquerda Unida pide que as administracións central, autonómica e local cumpran os compromisos adquiridos na Declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade. EU-IU esixe moi especialmente ao Concello que informe a ICOMOS (Consello Internacional de monumentos e sitios) dos cambios que se están efectuando na zona de contorno de respecto da muralla para non pór en perigo a declaración desta como Patrimonio da Humanidade.Esquerda Unida lembra que a aplicación da Convención do Patrimonio Mundial esixe que as autoridades responsables, tanto a escala estatal, autonómica como local, consulten coa UNESCO calquera alteración, substitución ou renovación do PEPRI (Plan Especial de Protección e Reforma Interior).Os informes emitidos por ICOMOS sobre o antigo cuartel de San Fernando con respecto á pretensión de construír un auditorio foron moi claros ao aspecto. Deste xeito, sinalaban a obriga de informar e consultar á UNESCO sobre calquera intervención que altere a zona tampón ou de contorno de respecto do monumento. No caso da Muralla a devandita zona comprende todo o recinto intramuros.A Convención de Patrimonio Mundial, cuxas directrices son de obrigado cumprimento, establecen a obrigatoriedade de conservar a autenticidade e a integridade existente no momento da inclusión na Lista do Patrimonio Mundial do ben declarado e ademais dos valores culturais, materiais e inmateriais da súa zona tampón (trama urbana, edificacións, paisaxe, espazos e ambientes urbanos, visuais, silueta, etc).Nos últimos tempos leváronse a cabo accións que afectan á zona tampón do monumento sen informar ou consultar a ICOMOS. Así, á polémica proposta de auditorio que provocou a actuación deste organismo, hai que sumar a ampliación do Hospital Virxe dos Ollos Grandes e o edificio do Reitorado da USC (fronte á Catedral). Ademais, nos últimos Plenos de xuño e xullo aprobáronse actuacións dentro de murallas que implican un incremento de altura na zona PEPRI. Neste senntido, hai que destacar a aprobación definitiva do Plan Especial de Reforma Interior dá Unidade de Intervención n. 1 (RÚA DO PROGRESO-RÚA ÁNXEL FOLE) do PEPRI, aprobado definitivamente co voto dous tres grupos en xuño sen ter informado ou consultado á UNESCO.Por suposto, Esquerda Unida velará porque a futura e necesaria reforma do PEPRI cumpra coa Convención e se informe e consulte á UNESCO sobre todo o proceso do documento, evitando a especulación cunha zona tan sensible como o recinto amurallado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario