lunes, 14 de septiembre de 2009

ESQUERDA UNIDA PROPÓN A ADQUISICIÓN E REMODELACIÓN DO ANTIGO PAVILLÓN DA OJE PARA RECUPERAR O SEU USO DEPORTIVO

Esquerda Unida pretende que o Concello aclare cal é a situación do pavillón polideportivo da antiga OJE de cara á súa posible adquisición para dinamizar o deporte no centro da cidade.
O pavillón da antiga OJE (Organización Juvenil Española), pechado ao público dende os anos 80 do século pasado, atópase en estado de ruina e con evidentes riscos para as edificacións colindantes. Trátase dunha instalación privada que xa precisou de coidados exteriores por parte de operarios da Deputación de Lugo, institución colindante co referido pavillón. Este pavillón foi durante anos un centro importante das máis variadas competicións deportivas, favorecido polo seu privilexiado emprazamento no casco histórico da cidade.
No aspecto deportivo, o espazo interior de murallas caracterízase por carecer de instalacións gratuitas e de calidade. Esquerda Unida lamenta profundamente que un pavillón que no seu día foi referente dinamizador do deporte de base lugués leve máis de 20 anos pechado.


Esquerda Unida considera que a remodelación mediante o preceptivo concurso arquitectónico e a posterior reapertura, outorgarían ao pobo de Lugo unhas instalacións no centro do casco histórico da cidade válidas para a execución de competicións locais e adestramento deportivo. Por elo, desde EU-IU solicitamos do Concello que explique cal é a situación na que se encontra o citado recinto e qué medidas pretende tomar para rematar coa situación de abandono na que se atopa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario