martes, 1 de septiembre de 2009



ESQUERDA UNIDA PROPÓN REGULAR CON SEMÁFOROS O CRUCE DE CAMIÑO REAL COA RÚA MAZAIRA

Esquerda Unida presentou unha moción municipal solicitando a instalación de semáforos nun cruce da Piringalla. Trátase, en concreto, da intersección das rúas Mazaira, Camiño Real e Mar Cantábrico, onde desde hai anos se producen problemas para o tráfico rodado e os peóns derivados da deficiente ordenación do tráfico na zona.

A carencia de semáforos nunha zona de confluencia de varias rúas convertiuna nun punto de frecuentes percances automobilísticos, especialmente colisións de vehículos e atropellos.

Trátase dunha zona de moita circulación, tanto de vehículos como de peóns, debido fundamentalmente á proximidade de centros educativos e porque se trata dunha zona de expansión da cidade.

Por elo, Esquerda Unida propón que os servicios municipais desenvolvan un proxecto semafórico e se acondicione a zona con especial atención ao deficiente estado da sinalización horizontal.

1 comentario:

  1. Haber si esta vez é a definitiva.

    http://www.lavozdegalicia.es/lugo/2009/09/02/0003_7943322.htm

    ResponderEliminar