jueves, 4 de febrero de 2010

VALORACIÓN DE ESQUERDA UNIDA DOS ÚLTIMOS DATOS DO PARO PUBLICADOS

O INCREMENTO DO PARO NA GALIZA, SUPERIOR A MEDIA DO ESTADO, VEN A CONFIRMAR AS DENUNCIAS DE ESQUERDA UNIDA SOBRE A POLÍTICA ECONÓMICA POPULISTA, INEFECTIVA E PRIVATIZADORA DA XUNTA

EU CONSIDERA QUE TANTO O PP, NA GALIZA, COMO O PSOE, NO CONXUNTO DO ESTADO ESTÁN A DERIVA EN MATERIA DE EMPREGO

ESQUERDA UNIDA RECORDA QUE É A ÚNICA FORZA POLÍTICA QUE ELABOROU UN PLAN DE EMPREGO NA GALIZA


O responsable da Área de Economía e Traballo da Executiva Nacional, Xosé Henrique González Lago, califica os últimos datos do paro do mes de xaneiro como a confirmación duns feitos xa anunciados por esta organización.

Galiza situouse como a sexta comunidade con maior incremento de persoas no paro, ao aumentar case que nun 4% no último mes, concretamente 8.789. Con estes desoladores datos Galiza alcanza un total de 231.628 parados sen contabilizar as persoas en Formación o que pon de manifesto que a política económica populista, e privatizadora do Goberno de PP amósase inefectiva e un aumento superior ao rexistrado no conxunto do Estado onde o paro incrementouse nun 3,18% sumando mais de 124.890 parados, cun total de 4.048.493 parados/as.

Novamente as mulleres suman a peor parte cun total de 124.015 desempregadas fronte os 107.613 desempregados homes na Galiza.

A Coruña con 92.244 e Pontevedra 90.599 son as dúas provincias con maior destrucción de emprego seguidas de Ourense con 26.369 e Lugo con 22.416 parado e paradas.

Para Esquerda Unida, Galiza camiña a deriva en materia emprego, resultado do populismo dun goberno do PP que mais aló de resolver os problemas da clase traballadora, centra a súa política e o seu tempo en presentar mocións nos concellos como o do O Porriño, e no decretazo sobre o Galego para desviar a atención pública do drama social que supón un paro desbocado que mes a mes vía en aumento.

Para González Lago o paro seguira incrementando pese os anuncios da responsable da Xunta de Galicia en materia de emprego onde prevé mais contratacións co Xacobeo. O paro, a suba do IVE, e o aumento das retencións para facenda, fará que exista un descenso no consumo pola perdida de poder adquisitivo da clase traballadora.

Remata o responsable de Economía e traballo de Esquerda Unida, indicando que este e o resultado das políticas neoliberias do PSOE e PP auspiciadas polo sistema capitalista onde a chamada o voto útil consolidou este descalabro. Fronte a estas políticas económicas devastadoras, Esquerda Unida é a única forza política na Galiza que ten desenvolvido un Plan de Emprego encadrado no Programa Marco Estratéxico para a Recuperación Económica e Social de Galicia.

Gabinete de Prensa

Secretaría de Comunicación

Executiva Nacional de Esquerda Unida

No hay comentarios:

Publicar un comentario