jueves, 11 de marzo de 2010

ESQUERDA UNIDA DENUNCIA QUE O PARO EN GALICIA SEGUE A INCREMENTAR A PESAR DAS CONTRATACIÓNS DEPENDENTES DO XACOBEO

EU AFIRMA QUE TANTO PSOE COMO PP SEGUEN A DERIVA EN MATERIA DE EMPREGO E AMOSAN UNHA CLARA INCAPACIDADE PARA SAÍR DA CRISE SEN DANAR OS DEREITOS DOS TRABALLADORES E TRABALLADORAS

O responsable de economía e traballo da executiva nacional, Xosé Henrique González Lago, califica os datos do paro do mes de febreiro como a confirmación duns feitos xa anunciados por esta organización varios meses atrás.

Cun incremento de 2.543 parados e paradas, Galicia segue como sexta comunidade no ranking español, pasando a ter un total de 234.171 persoas en paro sen contabilizar as persoas en Formación algo semellante ao ocorrido no computo do territorio español onde o paro incrementouse sumando mais de 82.132 para chegar a 4.130.625 persoas sen emprego. A Coruña, que pasa de 92.244 a 93.080, e Pontevedra, que pasa de 90.599 a 91.854, son as dúas provincias con maior destrucción de emprego seguidas de Ourense que pasa de 26.369 a 26.760 e Lugo que pasa de 22.416 a 22.477 parados e paradas.

Novamente as mulleres seguen sumando a peor parte ao duplicar a perda de emprego en relación cos homes no mes de febreiro. En total 124.874 paradas, 1.684 mais que en xaneiro, fronte os 109.297 parados, 859 mais que en xaneiro.

González Lago xa advertira no mes de xaneiro que o paro seguiría incrementándose pese os anuncios da responsable da Xunta de Galicia en materia de emprego onde previa mais contratacións co Xacobeo.

O Responsable de Economía e Traballo remarca que o paro, a suba do IVE, e o aumento das retencións para facenda, producen descenso no consumo pola perdida de poder adquisitivo da cidadanía, o que contrae a economía e xera máis paro, pechándose así un círculo maldito que ven a demostrar o fracaso das políticas neoliberias do PSOE e PP.

González Lago salientou “o populismo do PP na Xunta, que mais aló de resolver os problemas da clase traballadora, centra a súa política en visitas Papais esperando deste un milagre”. Lago pediu a comparecencia publica do presidente da Xunta para que explique a todos os galegos e galegas en que consiste o Plan de rescate ás empresas que agora presentan anuncios de despidos ou ERE’s masivos.

Para Esquerda Unida a inxección de cartos públicos as empresas privadas como Citroën deben levar consigo a participación da Xunta como copropietaria ou accionista o contrario seria volver regalar cartos públicos dos traballadores e traballadoras en beneficio do capital. Xusto o que están a facer tanto o goberno do PP como o do PSOE, “privatizar os beneficios e socializar as perdas”.

Esquerda Unida fai un chamamento a centrais sindicais e as persoas en paro para manter as mobilizacións ante as políticas antisociais dos gobernos español e galego.

Gabinete de Prensa

Secretaría de Comunicación

Executiva Nacional de Esquerda Unida

No hay comentarios:

Publicar un comentario