Para Esquerda Unida a reforma das  pensións que está a promover o Goberno representa a maior agresión ao Estado  social nos últimos anos  ao supoñer unha  redución da pensión vitalicia do 10%. A dita reforma ven a demostrar que o Goberno do PSOE consolida o seu xiro a  dereita asumindo as vellas receitas neoliberais de reducir os dereitos dos  traballadores e traballadoras para saír dunha crise provocada pola avaricia do  capital. 
A esquerda non pode aceptar que o Goberno meta a man nos petos dos  pensionistas, 6.600 euros anuais de media menos por pensionista, para  tranquilizar aos mercados financeiros, os auténticos culpables desta  crise.
Nembargantes o máis grave é que a reforma é innecesaria, xa que o  Sistema Público de Pensións é forte e está consolidado. No ano 2009, en  plena crise, tivo un superávit de 8.500 millóns de  euros.
Esquerda  Unida denuncia que os argumentos esgrimidos polo Executivo son alarmistas e  carecen de rigor,  así o Goberno do PSOE adianta previsións demográficas completamente carentes de  rigor e baséase no número de mozos e adultos “estimados” por xubilado, cando o  dato importante é o número de cotizantes e o importe de cotización de cada un  deles.
Esquerda  Unida loitará tanto na rúa como nas institucións por que non se aumente a idade  de xubilación por enriba  dos 65 anos, non se incremente o período  do cómputo para calcular a pensión máis alá dos 15 anos e as pensións se revaloricen ao menos o  mesmo que aumenten os prezos (IPC) e máis aínda para as pensións máis  baixas.
Desde EU facemos un chamamento a cidadanía a mobilizarse na defensa do sistema público de pensións e pular, xunto a nos, na procura dunha saída social e anticapitalista da crise. Por iso participaremos nas mobilizacións convocadas por CCOO e UGT en Lugo as 19:30h. dende o Edificio dos Sindicatos ata a Subdelegación do Goberno
NON AO  PENSIONAZO!
MOBILIZATE, QUE NON CHE FAGAN PAGAR A CRISE!
 
 
 
No hay comentarios:
Publicar un comentario