sábado, 24 de abril de 2010

EU DESVINCÚLASE DA MANIFESTACIÓN DO VINDEIRO DOMINGO 25 DE ABRIL

ESQUERDA UNIDA DEFENDE OS SERVIZOS PÚBLICOS GRATUÍTOS, UNIVERSAIS, TRANSPARENTES, EFICIENTES E DE CALIDADE, POLO QUE PROSIGUE NA SUA LOITA CONTRA A PRIVATIZACIÓN

ESQUERDA UNIDA SEGUIRÁ A PARTICIPAR ACTIVAMENTE NA PLATAFORMA EN DEFENSA DOS SERVICIOS SOCIAIS PÚBLICOS, COA QUE TEN GRANDES COINCIDENCIAS DE CRITERIOS

Esquerda Unida e unha organización política que se caracteriza pola súa radical aposta polos servizos públicos, xa que logo, entendemos a política como unha ferramenta para mellorar a calidade de vida da cidadanía.

Non cabe dúbida que as políticas que fan énfase no público son as únicas que posibilitan a consecución do verdadeiro estado do benestar. É por iso, que estamos a desenvolver unha constante loita na procura de acadar servizos públicos gratuítos, universais, transparentes, eficientes e de calidade, en contraposición coas políticas neoliberais, supeditadas ao poder do capital, que en maior ou menor medida desenvolveron e están a desenvolver os distintos gobernos, tanto galegos como españois.

Froito desta maneira de entender a política, o noso traballo basease na constante defensa do público, o que visualiza a Esquerda Unida en todo acto ou mobilización que loite por mellorar os servizos públicos. Motivo polo cal a nosa organización participou dende o primeiro momento no artellamento dunha plataforma de mobilización nacional na defensa dos servizos públicos.

Dende os comezos Esquerda Unida atopou diferenzas en relación co concepto do “Público” que teñen algunhas das organizacións convocantes, diferenzas que finalmente visualizáronse nun manifesto que a nosa organización non comparte na súa totalidade. Aínda que en aras á unidade de acción, nun principio, EU mantivo a súa presencia como organización convócante, finalmente decidiu desvincularse da manifestación do vindeiro 25 de abril, retirando o seu apoio a convocatoria, xa que logo, ás discrepancias anteriormente mencionadas sumáronse graves erros organizativos en relación cos materias unitarios desenvolvidos para a manifestación, nos que se menosprezaba a nosa organización.

Finalmente, Esquerda Unida quere manifestar que a nosa organización seguirá a participar na Plataforma en Defensa dos Servizos Públicos, unha das organizacións convocantes desta manifestación coa que EU ten grandes coincidencias na maneira de entender os servizos públicos.

Gabinete de Prensa

Secretaría de Comunicación

Executiva Nacional de Esquerda Unida

No hay comentarios:

Publicar un comentario