miércoles, 26 de mayo de 2010

ACTO DE REFUNDACIÓN DA ESQUERDA EN LUGO

O vindeiro sábado día 29 de maio ás 11:30 da mañá no local de EU (Carril do Son, 3-1º) celebraremos en Lugo o primeiro FORO DE REFUNDACIÓN DA ESQUERDA. Queremos contar coa túa presenza, coa túa opinión, co teu protagonismo.

No actual contexto de crise económica, cando os recortes sociais amenazan con dilapidar as conquistas sociais, políticas e económicas do século XX, cando xa resulta evidente que pretenden facer recaer nos traballadores e traballadoras o peso da crise, cando os que a xeneraron seguen obtendo beneficios económicos e políticos, NON QUEDA TEMPO PARA A INDIFERENCIA.

É TEMPO DE REFUNDAR A ESQUERDA

Que é a refundación da esquerda?

É un proceso de converxencia entre diversos sectores da esquerda social e política cuxa finalidade última é crear unha alternativa común ao modelo neoliberal e ao capitalismo mesmo. Parte da necesidade de articular as diferentes loitas emancipadoras do ser humano (obreiras, feministas, ecoloxistas, pacifistas, etcétera) nunha forza común adaptada aos novos retos que supoñen as vertixinosas mutacións que sufriu o capitalismo e o sistema político.

O proceso é impulsado por Esquerda Unida como axente catalizador deste esforzo colectivo, se ben a forza alternativa resultante será o que o propio movemento político e social implicado decida que deba ser. Polo menos un instrumento político con maior capacidade de transformación social que os existentes.

Para articular este proceso de construción colectiva dunha alternativa común de esquerda, o proceso de refundación creará espazos de participación a través de foros e sustentarase en metodoloxías participativas que faciliten incorporar a visión de todos os sectores sociais e persoas que queiran implicarse.

Para máis información

refundandoaesquerda.blogspot.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario