domingo, 6 de junio de 2010

MEDIO MILLEIRO DE PERSOAS ATEIGAN O TEATRO PRINCIPAL DE COMPOSTELA NO ACTO INICIAL DA REFUNDACIÓN DA ESQUERDA EN GALICIA

Vista xeral do acto de Refundación da Esquerda


O 5 de xuño de 2010 poderá pasar a historia como a data do rexurdir da esquerda anticapitalista en Galicia. Con este pensamento abandonaron o acto principal da Refundación da esquerda o medio milleiro de persoas que ateigaron o Teatro Principal de Compostela ata o punto que ducias de persoas tiveron que presenciar o acto de pe. Agora ben, o grado de desenvolvemento do proceso da Refundación da esquerda dependerá do compromiso, esforzo e xenerosidade co que os distintos actores sociais e políticos da esquerda transformadora galega aborden o proceso de Refundación nos próximos meses, incluso anos, asemade semella fundamental a implicación de toda a cidadanía alternativa para converter o proceso de Refundación da esquerda nun feito tanxible, real e cércano a sociedade.


O acto, que resultou ameno e entrañable, contou con Xoán Abeleira como maxistral conductor. O escritor e poeta presentou a cada un dos participantes mentres recitaba, con paixón e mestría, poemas reivindicativos acompañado por un grupo musical formado por Álvaro Muras, Karlos Barral e Julio Cuns.


A presentación correu a cargo do poeta Xoán Abeleira



O desenvolvemento do acto foi moi dinámico e agradable, xa que logo, deseñouse con intervencións curtas para que tivesen cabida o maior número de colectivos e sensibilidades. Logo dunha fermosa introdución de Xoán Abeleira na compaña do grupo musical, interveu Xabier Ron, activista social e político, quen trala proxección do "con
trato social", unha presentación que denuncia con claridade as desfeitas do sistema capitalista, desenvolveu en ton poético unha emotiva chamada a Refundación "porque os tempos son chegados, o pobo quere esquerdas".


De seguido tomaron a palabra Miguel Fernández, portavoz do foro social galego e voceiro da Plataforma en Defensa do Sistema Público Galego de Servizos Sociais, e o xornalista e poeta Daniel salgado quen recitou un fermoso poema cargado de ideoloxía.


Posteriormente falaron Mariluz Maset da Marcha Mundial das Mulleres e Ricardo Castro Secretario Xeral da Central Unitaria de Traballadores/as (CUT) quen fixo unha chamada a Folga Xeral que foi moi aclamada dende as bancadas.


Todas as intervencións foron grandemente ovacionadas, pero o ton aínda subiu máis cando tomou a palabra o profesor Herminio Barreiro, a quen lle seguiu o historiador Eliseo Fernández, expoñente do movemento libertario quen salientou a necesidade de desenvolver políticas participativas dende abaixo, e Mariluz Canal, avogada e activista social no eido da solidariedade e a xustiza.


Ante a imposibilidade de asistires ao acto, proxectouse un vídeo coa intervención de Xosé Luís Méndez Ferrín, presidente da Academia Galega. Pola súa banda o Secretario Xeral do Sindicato Nacional de CCOO, Xosé Manuel Sánchez Aguión, tamén desculpou a súa presenza a última hora e delegou a súa intervención en Xavier Montero Dongil membro da Executiva Nacional de CCOO.


Finalmente interveu Mariano Abalo, Secretario Xeral da FPG, quen, ao igual que o resto dos poñentes, saudou o proceso da Refundación da esquerda na Galiza e resaltou a importancia e necesidade de crear unha fronte ampla da esquerda anticapitalista.



Pecharon o acto por parte de Esquerda Unida, como organización iniciadora do proceso, o seu Coordinador Federal, Cayo Lara, e a Coordinadora Nacional, Yolanda Díaz. As súas intervencións foron constantemente interrompidas polos aplausos dun público totalmente entregado e ilusionado en que outro mundo non só é posíbel senón que é n
ecesario mediante o desenvolvemento dun novo xeito de facer política que sexa quen de reactivar a sociedade.


Cayo Lara, que salientou o proceso de Refundación que se está a desenvolver na "Galiza", arremeteu contr
a o club de Bilderberg indicando que se están a reunir "os terroristas financeiros internacionais", os responsables da caos financeiro, a crise e o paro, acompañados por gobernos servís que están de xeonllos ante o poder financeiro, entregando a este os estados e as democracias, e dicir o poder popular. Lara indicou que a cidadanía non ten que poñer os recursos para saír da crise, senón os poderes financeiros, que son os que a xeraron, por iso apoia a folga do sector público do 8 de xuño e a avoga por unha folga xeral para demandar que sexan os estados os que controlen e regulen a economía, "Estamos no mundo ao revés, as democracias controladas, tuteladas e presionadas polas ditaduras dos poderes financeiros".


Por último, Yolanda Díaz indicou que "a esquerda cometeu numerosos erros e non os queremos ignorar", pero os tempos son chegados para a Refundación da esquerda, así pois "este acto non é mais que o pistoletazo de saída" dun proceso que pretende atopar unh
a "alternativa política fronte ao sistema capitalista depredador" a través dun proceso de "converxencia" con "toda a xente de esquerdas deste país" na procura de "construír unha ferramenta política que sexa capaz de incidir na realidade económica e social en Galicia" e transformar a sociedade. Asemade Díaz afirmou que Galicia ten historia e identidade propia, e debe poder empregar o dereito de autodeterminación "co obxectivo de que, o pobo galego, leve a cabo "de xeito libre a súa condición política e o seu desenvolvemento".

No hay comentarios:

Publicar un comentario