martes, 28 de septiembre de 2010

ESQUERDA UNIDA CHAMA A TODA A CIDADANÍA LUCENSE A PARTICIPARES NA FOLGA XERAL E NAS MOBILIZACIÓNS CONVOCADAS POLOS SINDICATOS


EU AFIRMA QUE EXISTE UNHA ALTERNATIVA PARA UNHA SAÍDA SOCIAL E DE ESQUERDAS Á CRISE, NA QUE A CLASE TRABALLADORA NON PAGUE AS CONSECUENCIAS DUNHA SITUACIÓN DA QUE NON É RESPONSABLE

ESQUERDA UNIDA LUGO PARTICIPARÁ CON PANCARTA PROPIA NA MANIFESTACIÓN QUE PARTE DO EDIFICIO SINDICAL ÁS 11:30

Mañá mércores 29 de setembro, o conxunto de traballadores e traballadoras deste pais xógamonos moito. Atopámonos nunha situación límite. Os nosos dereitos que tantos anos de loita, esforzo e sufrimento custou acadar, están a ser atacados, avanzando a grande velocidade cara a supresión do mal chamado estado do benestar: o paro vai en aumento; hai maiores facilidades para o despedimento; os recortes sociais son constantes; o empeoramento das condicións laborais é un feito; a ampliación da idade de xubilación e a reducción das nosas pensións está en cernes; o Estado, que somos todas e todos, esta a ser debilitado mediante a constante privatización e externalización de servizos que se entregan a mans privadas, incapacitando progresivamente que dende o público se poida desenvolver o principio elemental de solidariedade.

Mentres, o poder mediático ás ordes do económico está a espallar a falsa mensaxe neoliberal TINA (There Is Not Alternaive) na procura de exercer unha acción narcotízante sobre a sociedade. Terxiversa a realidade, desvia o foco de atención a cuestións secundarias, crea a falsa sensación de que o privado rende máis que o público ou ataca con crueza aos sindicatos e sataniza a esquerda alternativa e transformadora por ser os valedores de "outro mundo é posíble".

A xuízo de EU o Goberno está a cometer erro tras erro. Primeiro negando a crise, despois aplicando medidas erróneas e inconexas que provocaron unha grande débeda que o Executivo pretende facernos pagar á clase traballadora. Todo elo en lugar de cambiar o modelo produtivo, de reactivar a economía e de reducir o paro, en definitiva, en lugar de recortar os privilexios das grandes fortunas e o poder financeiro.

Esquerda Unida denuncia que o Goberno do PSOE, ese que se di socialista e de esquerdas, traizoou a clase traballadora ao actuar segundo o ditado dos especuladores e o poder financeiro. Así, aplicou recortes sociais, atacou aos xubilados, empregados públicos e dependentes, perpetuou o maior ataque da democracia ao dereito do traballo a través da contrareforma laboral e anunciou o aumento da idade de xubilación e recortes nas pensións.

Xa que logo, de seguro que o 29 de setembro a maioría social, a pesares da presión mediática e a campaña de desprestixio aos sindicatos desenvolvida dende os lobbys neoliberais, participará masivamente na Folga Xeral e nas manifestacións que se desenvolverán na nosa cidade para berrar "Así Non, unha saída de esquerdas a crise é posíble".

O Goberno pretende convencernos de que a eliminación de dereitos sociais e laborais é inevitable. Con todo, Esquerda Unida afirma que existe unha alternativa para unha saída social e de esquerdas á crise, na que a clase traballadora non pague as consecuencias dunha situación na que nada tivo que ver.

Esquerda unida propón

- Loitar de maneira activa contra a economía mergullada que supón unha cuarta parte do PIB.

- Eliminar a SICAV onde os grandes capitais disfrazados de Sociedades de Inversión so cotizan ao 1%

- Rescatar o imposto de patrimonio que so pagaban os que máis tiñan

- Aumentar o grado impositivo das empresas con beneficios

- Aplicar unha taxa aos movementos bolsistas

- Aumentar o tramos máis altos do IRPF para que as rendas máis altas participen solidariamente nunha saída social e de esquerdas á crise.

- Crear unha Banca Pública que sexa que de inxectar capital, de maneira equitativa, xusta e sostible, na verdadeira economía produtiva, e dicir, PYMES, autónomos e familias.


NIN UN PASO ATRÁS. FOLGA, FOLGA... FOLGA XERAL!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario