lunes, 28 de febrero de 2011

EU SOSPEITA DA EXISTENCIA DE IRREGULARIDADES NA CONSTRUCCIÓN DA NOVA PONTE SOBRE O MIÑO

Presentou varias preguntas no Congreso dirixidas ao Goberno

EU defendeu sempre a construcción dunha nova ponte sobre o Miño e a peatonalización da vella ponte de orixe romano. Pero sempre se opuxo a calquera proxecto de ponte que afectase lesivamente ao entorno natural do río Miño ou ao espacio natural do Parque Marcos Cela.

EU sospeita a existencia de irregularidades na construcción da nova ponte sobre o Miño. Por elo EU presentou cinco preguntas no Congreso dos Deputados dirixidas ao Goberno a través do portavoz de IU, Gaspar Llamazares, referidas á nova ponte sobre o Miño. Leva varios meses agardando a resposta do Ministro de Fomento.

EU pregunta ao goberno sobre a legalidade da nova ponte, tendo en conta que as obras están moi avanzadas e aínda non fixeron público cal vai ser a conexión definitiva coa cidade. EU considera unha tomadura de pelo aos lucenses que se anuncie a inauguración da ponte para o mes de xuño, e non se especifique a parte fundamental do proxecto que é a súa entrada na cidade.

EU pide ao goberno que aclare cal vai ser o método para decidir a conexión definitiva e se vai afectar ou non ao parque Marcos Cela.

EU considera que existen irregularidades no proceso de construcción da nova ponte, tendo en conta que se eximiu de estudio de impacto ambiental un proxecto que non presentaba a informe a parte máis delicada e de máis impacto: a conexión urbana. Por elo agora pregunta se unha vez definida a conexión se someterá a estudo de impacto ambiental.

Pero ademais, EU dubida que fose consultado o Comité Asesor do Camiño de Santiago, tal e como é preceptivo. Pola zona da nova ponte pasa o Camiño Primitivo, e a lei obriga a emitir un informe previo a todo proxecto de obras que implique ocupar un tramo do Camiño. En todo caso, a situación agrávase ao non estar elaborado o proxecto definitivo da nova ponte e descoñecerse o impacto real sobre o Camiño.

A última pregunta está relacionada coas dimensións da nova ponte, concebida para un tráfico de 70.000 vehículos diarios, pese a que no Estudio Medioambiental do PXOM aprovado provisionalmente se fala dunha Intensidade Media Diaria de 14.447 vehículos. EU considera que a pretensión do Concello é dar servicio aos novos sectores urbanizables contemplados no PXOM e que abren a outra marxe do río Miño á especulación urbanística.

EU xa presentara en 2007 varias preguntas dirixidas á Comisión Europea sobre a posible afectación ao parque Marcos Cela, restaurado con fondos Feder europeos. Daquela, a Comisión xa advertira que a destrucción de parte do parque obrigaría ao Concello a devolver os fondos aportados por a UE.

No hay comentarios:

Publicar un comentario