jueves, 31 de marzo de 2011

ESQUERDA UNIDA DE LUGO INICIA O PROCESO DE ELABORACIÓN COLECTIVA DO PROGRAMA ELECTORAL COA CIDADANÍA E OS MOVEMENTOS SOCIAIS DA CIDADE


Dende a súa fundación 1986 como confluencia orgánica da parte máis significativa da esquerda transformadora do Estado español, ESQUERDA UNIDA definiuse como unha forza aberta, plural e participativa. A nova forza e os novos xeitos de facer política que significaban ESQUERDA UNIDA facían da participación activa dos movementos sociais e das persoas eixo da súa elaboración politica e polo tanto programática.

Porque o PROGRAMA, como sempre decía o noso compañeiro Julio Anguita non é un texto que presentar nun proceso electoral senón unha actividade contínua de elaboración de propostas e de encontro cos traballadores e traballadores e as súas demandas.


Deste principio naceu a proposta anovadora de EU que dimos en chamar ELABORACIÓN COLECTIVA, é dicir, as propostas de EU nacían do contacto e intercambio de ideas con colectivos ecoloxistas, feministas, republicanos, movementos veciñais, organizacións sindicais de clase, movementos xuvenís, etc.. ..cos que os homes e mulleres e EU interactuábamos na rúa, na mobilización, nos centros de traballo…


Este proceso é especialmente necesario hoxe, nun tempo onde a crise capitalista e a súa multiporalidade: crise económica, pero tamén crise social, moral e democrática exise das forzas que nos reclamamos do socialismo mudar o mundo de base comenzando por dar voz e participación ós homes e mulleres dos nosos barrios.


ESQUERDA UNIDA DE LUGO queremos escomenzar este camiño de encontro e de aportación politica democrática coa cidadanía conscente da nosa cidade, conscente de que os graves problemas medioambientais, sociais e de acceso democrático dos lugueses e luguesas ás institucións é preocupante, conscentes da nacesidade de artellar entre todos e todas unha alternativa plural, anticapitalista e que poña en valor as loitas por unha sociedade, por unha cidade, mellor e para todos e todas.


Imos a empezar este traballo, non só porque é importante, senón porque é necesario, ¿queres axudarnos?.. aqui dámoste a palabra…


con ESQUERDA UNIDA,… agora ti decides

Todas as aportacións as podes mandar aquí mediante un comentario, ou envialas o noso correo de eu-lugo@esquerdaunida.org


No hay comentarios:

Publicar un comentario