lunes, 28 de marzo de 2011

EU segue a avanzar nas enquisas


O diario Público publica hoxe unha enquisa electoral que confirma o crecemento xeralizado de IU. Este crecemento é unha constante en todas as enquisas publicadas polos medios de comunicación nos dous últimos anos, ademais de confirmar que o votante de IU é nestes momentos o que amosa unha maior fidelidade de voto.
Para ter unha referencia práctica do que significaría o 8,1% dos votos, coa participación de 2008 o resultado sería o seguinte:

2.097.935 de votos 14-16 deputados


Cunha lei electoral proporcional a IU corresponderíanlle 28 deputados

¿Imaxinamos ao goberno tomando medidas antisociais cun grupo parlamentario de IU formado por 28 deputados? Por iso non reforman a lei electoral.



IU, a que máis medra
Como terceira forza política no arco parlamentario consolídase Esquerda Unida, segundo o Publiscopio. A federación de esquerdas que encabeza Cayo Lara obtería o 8,1% das papeletas de celebrarse hoxe os comicios, un punto máis que en febreiro e récord absoluto dende marzo de 2008. De feito, IU é a única formación que reflicte unha acusada subida na sondaxe.

Con esta porcentaxe en expectativa de voto, Esquerda Unida acentúa aínda máis a súa distancia co resto de formacións, cuxa tendencia electoral crece menos ou se mantén estable.



No hay comentarios:

Publicar un comentario