viernes, 18 de marzo de 2011

EU ESIXE QUE CONCELLO E XUNTA CUMPRAN OS COMPROMISOS ADQUIRIDOS PARA NON POÑER EN PERIGO A DECLARACIÓN DA MURALLA COMO PATRIMONIO MUNDIAL

Actuacións como o desenvolvemento da unidade de intervención número 1 do Pepri requiren o informe preceptivo da UNESCO

O 30 de novembro de 2000 a UNESCO concedeu o título de Patrimonio Mundial á Muralla Romana de Lugo. O Concello de Lugo fixo a campaña Lugo 10 celebrando o 10º aniversario de dita declaración da muralla. A declaración da Muralla supón un privilexio e un prestixio para Lugo, pero ao mesmo tempo é unha grande responsabilidade, xa que é preciso manter a súa conservación e protección.

A muralla está incluida na lista de Patrimonio Mundial e, polo tanto, suxeita á aplicación da Convención do Patrimonio Mundial. A Convención do Patrimonio Mundial dota á muralla dunha alta protección que tamén afecta á denominada zona tampón ou ámbito de respecto.

Neste sentido, a Convención do Patrimonio Mundial establece a obriga das Administracións Públicas de seguir as directrices de dita Convención. Entre estas directrices está a que comporta conservar a autenticidade e a integridade existente no momento da súa inclusión na Lista do Patrimonio Mundial, non so do Ben declarado senón tambén dos valores culturais, materiais e inmateriais da súa zona tampón, tamén chamada entorno de protección de respeto (a rama urbana, as edificacións, a paisaxe, espacios e ambientes urbanos, visuais, etc.). Sen embargo, a día de hoxe seguen sen respectarse estas obrigas contraídas polas institucións, sinaladamente o Concello e a Xunta, con respecto á dita Convención.

O goberno municipal, co apoio de PP e BNG, xa puxera en perigo o carácter da muralla como Patrimonio da Humanidade co seu proxecto de auditorio no antigo cuartel de San Fernando. O ICOMOS, organismo dependente da UNESCO, votou abaixo o proxecto por afectar á zona tapón da muralla e emitiu dous informes negativos. Ditos informes eran moi claros sobre as obrigas das institucións.

Con respecto a posibles reformas do PEPRI, os dous informes do ICOMOS sinalaban textualmente:

"...las autoridades responsables, a escala estatal, autonómica y local, tendrían que haber consultado a la UNESCO antes de aprobar el nuevo PEPRI; es decir, también es preceptivo informar a dicha institución y consultarla sobre la alteración, sustitución o renovación de los instrumentos que regulan la gestión del bien, como es el mencionado PEPRI".

E continuaban:

"se recuerda a las autoridades estatales, locales y autonómicas, responsables en materia de Patrimonio Cultural, que cualquier propuesta de intervención que pueda alterar sustantivamente el bien declarado o su zona tampón (como es el caso del Hospital-Cuartel) debe informarse y consultarse a la UNESCO".

Independentemente do seu acerto ou erro en canto actuacións arquitectónicas, tense actuado sobre a Muralla e a súa zona tampón sen informar a ICOMOS. O Edificio do Reitorado da USC (fronte á catedral), a reforma do Hospital Virxe dos Ollos Grandes ou as obras da Muralla na Porta do Carme son algúns dos exemplos.

Por iso EU advirte que o desenvolvemento da unidade de intervención número 1 do Pepri (delimitada por rúa Teatro, Progreso, a Muralla e Nóreas) en prazo de tramitación, debe ser comunicado ao ICOMOS para a súa autorización. En caso contrario poñerase de novo en perigo a declaración da Muralla como Patrimonio Mundial igual que no caso de San Fernando.

O respecto ás obrigas contraídas polo Concello e a Xunta trala declaración da Muralla como Patrimonio Mundial é o mellor xeito de celebrar o seu aniversario.

No hay comentarios:

Publicar un comentario