miércoles, 11 de mayo de 2011

PARTE ACTIVIDADES MARTES 10 DE MAIO (O que non sae nos medios)



Esquerda Unida desenvolve a súa campaña con intensidade e con participación activa dos candidatos/as e militantes. Na mañá de hoxe integrantes da candidatura se desdoblaban por varios puntos da cidade e repartían propaganda simultaneamente no Ceao, o casco histórico e a Universidade. Fronte a Biblioteca Intercentros os candidatos/as de EU tamén recolleron sinaturas para a Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) contra a contrarreforma laboral que se mereceu a Folga Xeral do 29-S.


Pola tarde, xuntanza co Comité de Empresa de SYKES, a empresa teleoperadora que actualmente ten preto de 300 traballadores en plantilla.


Ás 19:00 na Cadena Ser, debate sobre Economía no que participou Portomeñe con tres candidatos de PSOE, PP e BNG.



Foron os actos principais do día, cunha actividade que continúa in crescendo e que non ides ver en determinados medios de comunicación onde so hai espacios reservados para os que viaxan en coche oficial e reparten subvencións.
Máis motivación para intensificar a campaña.

No hay comentarios:

Publicar un comentario