viernes, 18 de noviembre de 2011

ESQUERDA UNIDA DENUNCIA A PRIVATIZACION DE SERVIZOS SANITARIOS EN LUGO POR PARTE DO SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

 

No DOG do 11 de Novembro se anuncia a nova adxudicación dos servizos de fisioterapia, logopedia e fisioterapia respiratoria á empresa Fisioterapia Lugo S.L. por un importe de 1.543.590 euros.   

Esquerda Unida
ven denunciando a privatización progresiva á que a Xunta de Galicia está a someter os servizos sanitarios, dos que é clara mostra o anuncio realizado o venres pasado pola Xerencia do Servizo Galego de Saúde.

En dita resolución O SERGAS adxudica de novo a unha empresa lucense, por un importe de 1.543.590 euros, a prestación do servizo sanitario de fisioterapia, logopedia e fisioterapia respiratoria aos pacientes beneficiarios da Seguridade Social e protexidos polo servizo Galego de Saúde na provincia de Lugo.

Nun momento en que o recentemente estreado Hospital Lucus Augusti se encontra infrautilizado e con moitas das súas dependencias sen empregar,  e tendo en conta que os pacientes beneficiarios destes servizos son enfermos de patoloxías tanto agudas como crónicas, é hora de que o hospital conte cunha área específica no servizo de Rehabilitación para asumir esas labores. Esquerda Unida mantén a súa defensa na xestión e prestación de servizos públicos da Sanidade e considera un gasto innecesario a especulación coas prestacións sanitarias básicas da cidadanía.

PARA MAIS INFORMACION…

Resolucion DOG 11 de Outubro de 2011 - Servicio Galego de Saúde

No hay comentarios:

Publicar un comentario