viernes, 18 de noviembre de 2011

Crónica do acto central de campaña


Debate participativo

O centro social Uxío Novoneyra acolleu o acto central de Esquerda Unida-Os Verdes nas eleccións xerais en Lugo. O acto consistiu nun debate participativo entre o principal candidato de EU-V ao Congreso e o público presente. Sector público, sectores enerxéticos, sanidade, educación, sistema electoral ou emprego foron algúns dos temas sobre os que xiraron as preguntas dos participantes.

Ramón Vázquez sorprendeu de entrada aos presentes destruindo un falso billete de 500 euros como prólogo dunha intervención sumamente pedagóxica, na máis pura tradición da esquerda, desgranando a orixe da crise, as súas consecuencia e as súas alternativas.

_MG_8632

 

Logo dunha breve intervención deuse paso ao turno de preguntas, para as que Ramón Vázquez tivo áxiles respostas que recollían, por suposto, os puntos fundamentais do programa electoral de EU-V. Nese sentido sinalou Ramón a importancia que o programa ten tradicionalmente para EU, pero especialmente nestes tempos onde se fai tan necesaria unha alternativa real na sociedade. Por elo recalcou a importancia do método escollido para a elaboración do programa, lembrando que é froito de máis de cincocentas asembleas realizadas ao longo do estado nas que teñen participado máis de quince mil cidadáns e cidadás.

Introduxo o acto a candidata nº2 ao Congreso, Isabel Sánchez. Destacou a importacia, nestes tempos que corren, de desvelar a verdade, así como o compromiso e a valentía de Ramón Vázquez sendo a voz dos perxudicados por esta crise e das miles de persoas que loitan para que esta sociedade cambie: " os muros non se tiran a cabezazos, se horadan e logo se empuxan para que caigan", sinalou Isabel.

O debate participativo culminou unha xornada electoral marcada polas noticias sobre a crise financieira en Europa. EU-V reafírmase, hoxe máis ca nunca, en que unha saída social á crise é posible, e que esta comenza co avance electoral da esquerda alternativa o vindeiro 20 de novembro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario