viernes, 4 de noviembre de 2011

Programa Electoral de Esquerda Unida para as Elección Xeráis do 20 de Novembro


6263217601_f99f69bc89_o

Estimados amigos e amigas: Programa Electoral co cal nos presentamos a estas eleccións xerais non é un programa ao uso. É parte dun proceso, a Convocatoria Social, que ten como obxectivo a converxencia de tódos, aqueles e aquelas que queren muda-las cousas e saben que xuntos, podemos dar unha saída social á crise.
Foi un enorme esforzo de elaboración colectiva no que participaron máis de 15.000 persóas, a través de máis de 500 asembleas que se celebraron ao longo e ancho do país.
Queremos agradecer a todas e cada unha das persóas que dedicaron tempo, reflexión e propostas pra avanzar neste esforzo colectivo. Agradecer, de maneira moi especial, ás máis de 200 asociacións e organizacións sociais e políticas que contribuiron coas súas ideas.
A todos eles dicirlles que para IU a elaboración de propostas e programas é un proceso vivo que continuará despois do 20-N. Por iso animámosvos a seguir debatendo e aportando ideas en torno aos documentos das “9 revolucións” que atoparedes na web www.convocatoriasocial.org .
IU comprométese con estas propostas e traballará, tanto no Parlamento como nas rúas para facelas realidade.

Unha vez máis, grazas.



Cayo Lara

Coordinador Xeral de IU

 

Marga Ferré

Secretaria de programas de IU

 

 

 

Ligazón ao programa:

Programa_Electoral_IU_2011.pdf

No hay comentarios:

Publicar un comentario