EU
tivo presencia no peche que os traballadores e traballadoras públicos
mantiveron esta pasada noite na defensa dos servizos públicos,
contra os recortes no sector e pola retirada do Proxecto de Lei de
Medidas no Emprego Publico que finalmente foi aprobada esta mañá
polo goberno do Partido Popular no Parlamento de Galicia.
O
peche comezou despois dunha concorrida asemblea de traballadores e
traballadoras públicos do edificio multiusos da Xunta de Galicia no
mediodía de onte día 27 ata a maña de hoxe día 28 na que tivo
lugar unha concentración diante do citado edificio as 10:00 horas.
Mais
dunha cuarentena de traballadores secundaron o peche
e pasaron a noite na Delegación Territorial de Lugo da Xunta de
Galicia , o mesmo tempo que se facían peches no resto das capitais e
vilas da Comunidade.
O
remate dos peches e as concentracións locais fixéronse
coincidir coa concentración que tivo lugar diante do Parlamento de
Galicia durante o tramite parlamentario e a aprobación en solitario
que o PP fixo da Lei de Medidas no Emprego Público. Unha Lei que
ademais de empeorar novamente as condicións de traballo e económicas
dos traballadores Públicos implicará un novo deterioro dos Servizos
Públicos
As
medidas recollidas na Lei de Medidas no Emprego Público supoñen un
severo retroceso nos dereitos laborais e sociais dos traballadores e
traballadoras do sector público, dependente da Xunta de Galicia.
Trátase dun anteproxecto lesivo para o Sector Público, para os
empregados e empregadas públicos/as e para a cidadanía, pois supón
unha degradación da imaxe pública dos traballadores/as, unha
desvalorización da Administración Pública, unha mingua na calidade
dos servizos prestados á cidadanía e a destrucción de emprego.
Consideramos
as medidas propostas como un acto demagóxico para xustificar a
política de recortes e privatizacións nos servizos públicos,
practicada por este goberno, mentres non se toman medidas contra a
fraude fiscal nin se aplica unha política fiscal progresiva que
grave máis as rendas de capital e que pague máis o que máis ten.
Desde hai tres anos, o Goberno galego reincide no recorte do gasto
público como única vía de reducir o déficit público, sen que
isto se traduza nunha recuperación da actividade económica. Non
se pode seguir incidindo nas políticas de recorte de gastos.
Galicia ten marxe e competencias para actuar en materia fiscal e
obter máis ingresos para diminuír o déficit e non continuar
desmantelando o Sector Público e recortando os dereitos laborais e
salariais dos seus empregados e empregadas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario