jueves, 1 de marzo de 2012

EU PRESENTA ALEGACIÓNS CONTRA A RÚA ADICADA A FRAGA EN MONFORTE

Amaro Rodríguez, Carlos Portomeñe e Ramón Vázquez á súa saída do Concello de Monforte

    Representantes de EU Lugo encabezados polo Coordinador Comarcal Carlos Portomeñe, o cabeza de lista nas pasadas eleccións xerais, Ramón Vázquez e o monfortino Amaro Rodríguez Carretero presentaron hoxe no rexistro do Concello de Monforte de Lemos un escrito de alegacións contra o nomeamento dunha rúa en honra de Manuel Fraga Iribarne.
    A Organización considera que o nomeamento non só incumpre a Lei de Memoria Histórica, senón que ademáis camiña na súa contra. A coalición de esquerdas advirte que as Administracións están obrigadas por Lei á retirada de símbolos ou mencións de conmemoración da represión na ditadura, entre elas a denominación de rúas, polo que tal decisión vai en dirección contraria, porque non só non retira os símbolos senón que os crea.
    EU considera grotesco e contraditorio que dúas forzas políticas que din defender as ideas de esquerda e a Lei de Memoria Histórica propicien honras a membros destacados do réxime franquista.  EU insta ao Alcalde Severino Rodríguez (BNG) a actuar en consecuencia co seu público arrepentemento, e, no trámite de aprovación definitiva, emende o seu recoñecido erro e impida semellante atropelo á Memoria dos represaliados en xeral e dos veciños de Lemos que sofriron a ditadura en particular.

Presentando o escrito de alegacións no rexistro do Concello de Monforte

No hay comentarios:

Publicar un comentario