EU CHAMA Á MOBILIZACIÓN CIDADÁ E Á PARTICIPACIÓN NA MANIFESTACIÓN DO VINDEIRO DOMINGO 19
Esta contrarreforma laboral é un golpe de estado contra os
traballadores
Esquerda Unida chama á mobilización da
cidadanía, e en concreto, anima á cidadanía lucense a participar na
manifestación convocada polos sindicatos CCOO e UXT para o vindeiro
domingo día 19, ás 12:30 horas.
Esquerda Unida participará con comitiva propia
baixo o lema "Só a loita nos dará aquelo que nos rouban. Rebélate".
É importante que manifestemos nas rúas a repulsa a
unha contrerreforma que supón un golpe de estado aos derechos laborais dos
trabajadores e traballadoras: entre outras cousas, establece un novo contrato
con período de proba de un ano, abarata e facilita o despido en xeral, desregula
o tempo de traballo e anula os convenios colectivos.
Esta nova
contrarreforma laboral, vense a sumar ás anteriores contrareformas do 2010 e
2011, ao aumento da idade de xubilación e ao recente aumento das cotizacións das
rendas do traballo. Medidas estas, que nun contexto de máis de 5.000.000 de
persoas desempregadas, de máis de un millón de desempregados/as sen dereito a
prestación e de milleiros de persoas que están perdendo a súa vivenda, soamente
veñen a empeorar a xa precaria situación da clase
traballadora.
Pola contra,
ademáis de facilitarlle a libre disposición dos traballadores, a nova
contrareforma laboral supón s para os empresarios novas deduccións ás cotas da
seguridade social e rebaixas fiscais, coa excusa de incentivar a contratación.
Medidas que co
seu abuso contribúen a mermar a solvencia do INSS e a reducir os ingresos do
estado. Precisamente os motivos polos que xustifican os recortes
sociais.
Por todo isto, convencidos de que unha contundente
mobilización social é o único xeito de facer recuar as agresións aos
traballadores, dende Esquerda Unida apelamos á unidade da clase traballadora e
dos sindicatos. Coa forza da unidade podemos parala.
Pódese xerar emprego, estable e de calidade.
Izquierda Unida fixo numerosas propostas concretas
para estimular a economía real. Estas
medidas pódense financiar: combatindo o fraude fiscal e a economía sumerxida (hoxe un 23% da economía española) e cunha reforma fiscal que
faga que paguen máis quen más teñen e gañan, especialmente a
banca e as grandes empresas que son os principais
responsables da crise.
Con máis paro e menos salarios non saliremos da
crise. Hai unha saída social da crise que xenere o empleo que se necesita.
¡Na defensa dos nosos dereitos, polo
noso futuro, participa nas accións e mobilizacións que se convoquen!
No hay comentarios:
Publicar un comentario