A manifestación ao seu remate na praza de Armañá
CAYO LARA DI QUE A MASIVA RESPOSTA CONTRA A REFORMA LABORAL É SÓ O PRINCIPIO E A PRESIÓN VAISE A INTENSIFICAR SI O GOBERNO NON DÁ MARCHA ATRÁS
Decenas de militantes e simpatizantes de EU participamos en Lugo na manifestación convocada o domingo por CCOO e UXT. Na pancarta que portabamos figuraba o lema "Só a loita nos dará o que nos rouban. Rebélate".
Decenas de militantes e simpatizantes de EU participamos en Lugo na manifestación convocada o domingo por CCOO e UXT. Na pancarta que portabamos figuraba o lema "Só a loita nos dará o que nos rouban. Rebélate".
Con respecto ás mobilizacións, o coordinador federal de Izquierda Unida, Cayo Lara, manifestou sentirse moi satisfeito pola "masiva" resposta dos traballadores ante a primeira mobilización do 19-F convocada polos sindicatos a nivel estatal fronte á reforma laboral, á vez que valorou que foi así porque se responde a un "ataque masivo" contra os dereitos laborais. Para Lara, estas movilizaciones intensificaranse no tempo se o Goberno do PP non reacciona e corrixe a súa contrarreforma porque só estamos ante o "principio do principio" e porque esta resposta "marcará un antes e un despois no movemento obreiro", parafraseando a valoración feita polo Executivo de Mariano Rajoy sobre os seus cambios.
O máximo responsable de IU insistiu en imos intensificar a presión e a presenza dos traballadores nas rúas se o Goberno ‘popular' non dá marcha atrás, xa que estamos ante "a maior agresión do periodo democrático contra os traballadores".
Lara valorou que esta primeira movilización "forte, pacífica e serena" ten tamén pola súa intensidade o significado de "chegar máis lonxe do medo que tiñan os traballadores á movilización. A dureza da reforma laboral rompeu a barreira do medo na rúa e a resposta cidadá acrecentarase".
O coordinador federal de IU seguiu mostrándose prudente fronte á posibilidade dunha folga xeral, que só compete convocar aos sindicatos, aínda que valorou que de levarse a cabo "ten que ser unitaria, non pode haber disensións, debe estar centrada no fundamental e, de facerse, hai que facela para gañala".
Asegurou que "parar a reforma é o obxectivo que temos e polo que imos empeñar todo o noso esforzo tanto na rúa como no Parlamento". Pero Cayo Lara non se parou só na reivindicación e tamén dedicou parte da súa explicación á proposta. Así, emplazou ao Goberno de Rajoy a convocar xa un Pleno extraordinario no Congreso sobre o emprego e reiterou a necesidade de que se cre unha Mesa de diálogo para debater entre sindicatos, patronal e partidos políticos as claves para cambiar "o actual modelo produtivo, que se demostrou ineficaz, e buscar entre todos novas saídas".
Esquerda Unida vai elaborar unha proposición non de lei na que se tipifique como delito que unha empresa con beneficios poida despedir aos traballadores a través dun ERE, á vez que se buscará impedir que as empresas poidan recorrer a "manobras de inxeñería contable" para ocultar ou rebaixar os seus beneficios con este mesmo fin, unha posibilidade que queda aberta coa contrarreforma do goberno.
A preguntas dos xornalistas, explicou que os servizos xurídicos de IU seguen traballando no texto dun recurso de inconstitucionalidade de parte do contido da contrarreforma por vulnerar dereitos fundamentais, entre eles o igualdade, recollido na Carta Magna. Recordou, no entanto, que IU non pode por presentalo soa –necesítase a sinatura de 50 deputados- e sinalou que "aínda sendo moi importante este recurso, non é decisivo", dado o excesivo tempo que o Tribunal Constitucional tardaría en decidir sobre el.
Cayo Lara reclamou tamén ao PSOE que se defina e clarifique a súa posición", que considera "contradictoria" estivesen presentes onte nas manifestacións, mentres que a semana pasada sumaron os seus votos aos do PP no Congreso para sacar adiante o decreto de saneamiento financeiro e "a reestructuración bancaria que conleva, que traerá miles de despedimentos no sector bancario polas fusións bancarias que farán desaparecer as caixas de aforro e os bancos pequenos".
No hay comentarios:
Publicar un comentario