Portomeñe e Vázquez entrando na Audiencia para presentar o escrito de reclamación
EU presentou hoxe na Xunta Electoral un escrito reclamando o recoñecemento oficial dos 49 votos correspondentes a Esquerda Unida-Os Verdes na mesa electoral da Escola infantil de Paradai, tal e como reflexa a acta oficial de escrutinio e, polo tanto, a rectificación dos resultados publicados polo Ministerio de Interior.
Como é coñecido, o pasado luns 30 de xaneiro procedeuse na Xunta Electoral de Zona de Lugo á revisión da acta de escrutinio correspondente ás pasadas eleccións xerais do 20 de novembro de 2011, do Distrito 3 da Sección 009, Mesa U do municipio de Lugo (028), emplazada na Escola Infantil de Paradai, na rúa Narciso Peinado. Dita acta adxudica a EU-OV a cifra de 49 votos como resultado real do escrutinio.
Sen embargo, nos datos emitidos polo Ministerio de Interior que figuran como definitivos se adxudican cero votos a EU-OV en dita mesa electoral. Efectivamente, nin o reconto provisional elaborado pola Subdelegación de Goberno nin o reconto definitivo realizado pola Xunta Electoral tiveron en conta os datos reflectidos na acta á hora de emitir os resultados electorais, alterándose igualmente o número de votantes total da mesa, constando na acta 778 votantes e nos resultados definitivos 729 votantes.
Este primeiro paso de carácter administrativo busca a rectificación da irregularidade cometida pola propia administración. Trátase dun primeiro paso que EU agarda sexa definitivo para que se contabilicen oficialmente os sufraxios de 49 lucenses que actualmente non figuran nin como votantes nas eleccións, nin como electores de EU.
En EU Lugo contamos co asesoramento xurídico de IU federal e desde o punto de vista administrativo, no caso de non admitirse as reclamacións de EU, non excluímos ningunha posibilidade, mesmo a de presentar un contencioso administrativo.
Desde o punto de vista político, a asemblea local barallará posibles accións atendendo ás propostas de colaboración que diferentes colectivos e persoas a título individual manifestaron en días pasados en solidariedade con EU.
No hay comentarios:
Publicar un comentario