martes, 7 de febrero de 2012

IU LEVA AO CONGRESO A SÚA PROPOSTA PARA CREAR 2,8 MILLÓNS DE EMPREGOS, AFIRMA CAYO LARA: "CUMPRINDO COA NOSA PRINCIPAL PREOCUPACIÓN E COMPROMISO EN CAMPAÑA"

Luns, 6 de febreiro de 2012

Esquerda Unida defenderá mañá no primeiro Pleno ordinario do Congreso a súa primeira iniciativa parlamentaria desta legislatura. Esta non é outra que unha proposición non de lei coa que persegue que se creen 2,8 millóns de empregos en tres anos, a partir dun investimento público de 40.000 millóns de euros. Búscase así que a taxa de paro se reduza ata o 8 ó 9 por cento, a que existía antes do inicio da crise.

O coordinador federal de Esquerda Unida, Cayo Lara, explicou hoxe en roda de prensa a importancia que esta iniciativa ten para a súa formación. "É a primeira proposta de IU; eu diría que a máis importante que habemos ter ao longo da campaña e da precampaña electoral. Cumprimos así co que é o noso primeiro compromiso e a nosa primeira preocupación que é buscar a creación de emprego. Todo o mundo fala de crear postos de traballo, pero o certo é que nin co Goberno anterior nin con este do PP adoptaron medidas para crear nin un só posto de traballo; ao contrario, o que se está facendo é destruílo cada vez máis", detallou.

A proposición non de lei de IU, que será defendida polo deputado Alberto Garzón, incide nun plan de emprego público, nun plan de reforestación con creación de postos de traballo no sector, así como na ampliación de contratacións en puntos crave da Administración como son Xustiza, a Axencia Tributaria ou a Inspección de Traballo. O financiamento dos mesmos virá de "unha loita efectiva contra a fraude fiscal e a aplicación dunha reforma fiscal progresiva".

Esta iniciativa contempla tamén un importante apartado de apoio ás pequenas e medianas empresas para facilitar a contratación nelas, así como a aposta pola xornada laboral de 35 horas. "Traballar menos para traballar todos", resumiu Lara.

O máximo responsable de IU considerou "obvias" as razóns de que IU arranque a legislatura cunha iniciativa destas características. "Cun crecemento do 0,7 por cento da economía en 2011 non só non se creou emprego, senón que se destruíu. Estamos en 4,6 millóns de parados, 5,3 millóns segundo a EPA e crecemos no último mes 177.000 novos parados. Se con ese terrorífico dato de destrución de emprego espérase, segundo o Banco de España e o FMI que decrecerá o PIB en 2012 entre o 1,5 e o 1,7 por cento, a pregunta é cantos parados máis imos ter en España Imos chegar aos seis millóns de parados?", razoou.

Lara denunciou que coa estratexia actual de ‘axuste duro' por parte do Goberno de dereitas do PP "non se xera emprego" e adiantou que se non hai un "cambio de rumbo nas actuais propostas económicas" o único que haberá en "máis destrución de postos de traballo".

No hay comentarios:

Publicar un comentario