IU
rexeita os recortes en educación e reclama que se iguale o gasto
público á media europea para alcanzar o 7% do PIB e o 2% para a
Universidade
A portavoz de Esquerda Unida na Comisión de Educación e Deporte, Caridade García, trasladou ao responsable desta carteira, José Ignacio Wert, o seu "total rexeitamento aos recortes públicos en Educación" e reclamou que o Goberno "iguale o gasto público nesta política á media europea, ata acadar o 7% do PIB e o 2% do PIB para o ensino superior", ao ser a Universidade un "servizo público que ten como obxectivo a formación de persoas creativas e críticas cunha elevada formación cultural e profesional".
A deputada de IU fixo estas manifestacións durante a súa réplica ao ministro na primeira comparecencia deste no Congreso, na que tamén sinalou que, "nunha comparativa con outros países da nosa contorna", unha das "diferenzas máis claras é que o noso país investiu menos en Educación durante décadas. Ese si é un déficit histórico que influíu negativamente no resultado escolar. Non hai recursos suficientes, non hai medios axeitados para combater e previr o fracaso escolar".
Na súa argumentación sobre os insuficientes recursos en materia educativa, a portavoz en Educación de IU expuxo algúns datos, como que "a media da UE sitúase no 5,5% do PIB, mentres nós estamos no 4,3%; a Comunidade onde se sitúa este Parlamento, é dicir Madrid, gástase só un 2,46% do seu PIB, estando á cola en investimento educativo de Europa". Se se cumpren as previsións, "o descenso global en Educación dos dous últimos anos superará o 7%, malia que hai 520.000 estudantes máis, incluíndo os universitarios".
Nesta liña, argumentó que "nin a comunidade educativa (alumnos, pais e profesores), nin nós, nin ninguén con sentido común entende que agora, nos momentos onde máis necesaria se fai unha axeitada formación para paliar os efectos da crise que estamos atravesando, reduzan o investimento en Educación. A Educación non se pode considerar como gasto, é investimento".
García criticou que nun "Estado non confesional, como se define o noso, se derive cada vez máis diñeiro público a centros educativos privados (confesionais, na súa inmensa maioría), diñeiro público que deixa de investirse nos centros públicos, e que veñen reforzar a crecente privatización do sistema educativo, co consiguiente retroceso na súa equidade e na súa democratización e por suposto no avance cara a un modelo de educación laica".
Na súa intervención, Caridade García non desaproveitou a oportunidade de trasladar ao ministro algunhas demandas que se fixeron públicas desde a Comisión Permanente do Consello Escolar do Estado, como "que a crise non poña en perigo un servizo público que constitúe, xunto con outros, a columna vertebral da cohesión social do Estado", así como a solicitude de que "as administracións educativas negocien cos lexítimos representantes do profesorado, co fin de conseguir o necesario consenso de todos os sectores da comunidade educativa".
Pola súa banda o deputado de IU, Ricardo Sixto, na parte da comisión relativa a Deporte, requiriu a Wert a súa opinión achega da "futura lei antidopaxe", e entrando máis en detalle sobre este aspecto, inquiriu detalles sobre como abordará o Goberno a necesaria relación entre a "prevención do dopaje e a lei de prevención de datos", da cal se derivan aspectos espiñentos en cando a intervención das comunicacións entre "profesionais implicados en casos de dopaxe".
Sixto, asemade, referiuse ao proxecto de Madrid Olímpico 2020. "Xa temos –dixo- unha ampla experiencia en canto a eventos deportivos de calado, sen que cheguemos a entender cales serán os beneficios reais. En todo caso, gustaríanos saber canto diñeiro nos vai custar a promoción deste gran evento?"

No hay comentarios:
Publicar un comentario