"FRONTE Á CRISE, MÁIS RECURSOS PARA A IGUALDADE"
Levamos case catro anos padecendo a nivel mundial o enriquecemento ilícito e o incremento desmesurado das grandes fortunas ostentadas polos bancos, entidades financeiras e oligopolios empresariais, a costa de sectores máis necesitados de apoio e protección social.
As medidas de reforma laboral adoptadas polo goberno do PSOE nesta última legislatura, deixaron as mans libres á dereita máis recalcitrante, que amparándose nas taxas de desemprego ameazan con continuar desmantelando todas as conquistas.
Europa converteuse nun territorio hostil para a globalización dos dereitos sociais, os seus mandatarios se alían coa estratexia dos mercados para eliminar dun plumazo os servizos públicos e o estado de benestar.
As situacións de precariedade conlevan case sempre unha diminución paralela de dereitos e liberdades. E nestas circunstancias son sempre os seus compoñentes máis débiles as e os que sofren as peores consecuencias: a mocidade e as mulleres.
O ano 2011 amosou o ascenso imparable do paro feminino, unha maior porcentaxe en traballos a tempo parcial das mulleres e unha desigualdade salarial en aumento. Aínda por riba 2012 preséntasenos cunha reforma laboral, que incide directa e máis crudamente contra a estabilidade e a calidade nos empregos das mulleres.
O PP nunha mostra clara do seu concepto patriarcal da sociedade, paraliza a Lei de Dependencia para que directamente sexamos as mulleres as que xa, sen soporte algún, continuemos exercendo de cuidadoras de fillas e fillos e familiares dependentes.
Logo de 25 anos, conseguimos unha Lei de interrupción voluntaria do embarazo que non contentaba a ninguén polas restricións que a lei suscitaba á liberdade individual das mulleres e pola seu enfoque paternalista, no entanto, supuxo un avance nalgunhas reivindicacións do movemento feminista. Agora o PP pretende de novo volver ao pasado, adaptándose aos desexos da igrexa católica e cuestionando nosa capacidade para tomar decisións sobre nosa propia vida.
O feminismo está e estivo sempre ao lado do público, non só reivindicando lexitimamente o papel activo e visible das mulleres nese espazo, senón tamén como concepto político. Fomos sempre conscentes de que o Estado debe garantir todos os principios de transversalidade que reafirmen o benestar e igualdade da cidadanía.
En moitas autonomías, gobernadas tanto polo PSOE como polo PP, ou se desmantelaron organismos de igualdade e clausuraron recursos, ou se minoraron sustancialmente os apoios económicos para o mantemento de programas destinados á igualdade.
Por iso, neste 8 de marzo IU chama á movilización e á loita constante non só para que non se eliminen nin un dos nosos dereitos, senón tamén para que haxa un aumento orzamentario real e importante en políticas específicas de igualdade.
Esiximos:
Que se incorporen medidas efectivas para a integración das mulleres no mercado de traballo, en condicións de igualdade, tanto salariaiss como profesionais.
Que se articulen medidas que consoliden o reparto familiar e social do coidado da infancia e as persoas dependentes universalizando os servizos públicos.
Que se recoñeza a contribución económica das mulleres nos traballos non recoñecidos como produtivos (crianza, coidado, tarefas domésticas, etc).
A asignación do 5% do total do Orzamento a políticas "muller" específicas e transversais.
O dereito á Interrupción Voluntario do Embarazo, de forma libre e a cargo da sanidade pública.

No hay comentarios:
Publicar un comentario