viernes, 9 de marzo de 2012

CAYO LARA TRASLADA O "TOTAL APOIO" DE IU Á FOLGA XERAL E AFIRMA QUE "A PELOTA ESTÁ NO TELLADO DO GOBERNO PARA DAR MARCHA ATRÁS"

Venres, 9 de marzo de 2012

O coordinador federal de IU asegura que esta folga é "a resposta de traballadores e sindicatos á política inútil, inxusta e ineficaz" que supón a "durísima reforma que o Goberno de Rajoy puxo enriba da mesa"

O coordinador federal de Esquerda Unida, Cayo Lara, trasladou hoxe o "total apoio" da organización que dirixe á Folga Xeral convocada por CC.OO e UGT para o próximo 29 de marzo. Lara  valorou tamén que tralo anuncio desta convocatoria agora a "pelota está no tellado do Goberno", que "é o que ten que decidir que esta movilización siga adiante ou non dando marcha atrás á reforma laboral que puxo enriba da mesa".

Para o coordinador federal, o Executivo de Mariano Rajoy "terá que decidir se quere que os sindicatos continúen ou non cunha Folga Xeral" que valorou como "a resposta de traballadores e sindicatos á política inútil, inxusta e ineficaz que supón esta reforma", iniciativa que segue a súa tramitación no Congreso como proxecto de lei.

"Nin que dicir ten –afirmou- que Esquerda Unida no conxunto do Estado vai apoiar esta folga; apoiamos onte, apoiamos hoxe e apoiaremos mañá as movilizaciones que teñen que ver coa defensa dos dereitos laborais dos traballadores que tantos anos custaron conquistar".

Cayo Lara indicou que os traballadores enfróntanse a unha "reforma durísima" e responsabilizou ao Goberno da dereita do PP de ser o que "acendeu a mecha, polo que non debe de estrañarse de que os traballadores saian á rúa".

Afirmou tamén que a "única fábrica que funciona no país é a do despedimento barato en cadea, máis agora co gran negocio da reforma, é dicir, o beneficio para os empresarios, que recontratarán en condicións precarias, e o sacrificio para os de sempre, os traballadores".

No hay comentarios:

Publicar un comentario