MANIFESTACIÓN
29M. 12:00
horas
Casa
sindical
PAREMOS A REFORMA LABORAL.
PAREMOS OS RECORTES SOCIAIS
29 M FOLGA XERAL
O Goberno do Partido Popular
aprobou un Proxecto de Lei que deixa sen protección fronte ao poder da patronal a quen traban ou queren traballar. É unha reforma á que
o PSOE abriu a porta. O PP non tivo máis que
empuxala.
Mariano Rajoy argumenta que a reforma
permitirá dar traballo a quen agora non o teñen. É mentira, o propio Goberno recoñeceu que neste ano haberá 630.000
parados máis e que a nosa economía estará en
recesión, cun descenso do PIB do 1,7%. Non propuxo ningunha medida concreta para corrixir esa situación. Só pretende enfrontar a uns traballadores con outros, a
parados con quen teñen traballo; aos de contrato
indefinido cos de contrato temporal, a empregados públicos con traballadores da
empresa privada, a pais con
fillos.
↘ É a reforma laboral do paro
O patrón poderá despedirche case sen
ningún requisito. Bastará que teña menos ingresos en tres trimestres, nin sequera é necesario que teña perdas. Desta forma ata
as grandes empresas como Telefónica ou os Bancos
Santander e BBVA poderán despedir con baixas indemnizacións.
O novo contrato, que se aplicará no 99%
dos casos, permite o despedimento fácil e gratuíto nun período de proba dun ano.
↘ É a reforma laboral do despedimento fácil e barato
O poder patronal aplicarase case sen
límite na contratación, nas relacións laborais na empresa e no despedimento. O empresario poderá rebaixar o teu salario,
cambiar unilateralmente xornada, horario e
quendas; trasladarche de lugar de traballo, ata a outra cidade; se non che interesan as condicións pódesche autodespedir cunha
indemnización de 20 días por ano traballado e un
máximo de 9 ou 12 meses, segundo o caso.
↘ É a reforma laboral que dá todo o poder ao patrón
Os convenios colectivos, que teñen o
seu carácter vinculante establecido na Constitución, poderán ser ignorados polo empresario. O patrón
poderase descolgar do convenio, do contrato de
traballo e ata de vantaxes que o mesmo conceda. O
95% de quen traballan en empresas pequenas quedan
sen protección e sen o beneficio dunha
negociación colectiva máis vantaxosa. A reforma prexudica especialmente ás mulleres.
↘
É a reforma
laboral para a desprotección dos traballadores e
as traballadoras
Hai outra saída para a crise e
para crear emprego
Pódese crear emprego, pero o
Goberno négase a buscar os recursos para facelo
aplicando medidas contra a fraude e que contribúan a unha maior xustiza fiscal. Négase tamén á reforma financeira que permita que o crédito chegue ás
empresas e ás familias, mediante a creación dunha
banca pública. Izquierda Unida ten un plan concreto e para
crear o emprego necesario durante os
próximos tres anos.
É posible chegar a un acordo
que permita construír un modelo produtivo e de
desenvolvemento distinto ao modelo perverso que nos levou a esta situación. Un modelo que asegure un desenvolvemento sostible
da economía, creador de emprego digno e estable,
cuns servizos públicos garantidos e de calidade, cun maior papel do público nos principais sectores económicos e cun
maior control democrático da economía e do
funcionamento das empresas. emprazamos ao Goberno a que tome a iniciativa,
pero non hai resposta ata o
momento.
Hai que parar esta reforma coa
Folga Xeral
A agresión do Goberno contra os
dereitos dos traballadores e as traballadoras superou todas as liñas vermellas. Só hai unha forma de parala: coa
mobilización organizada e contundente, coa Folga
Xeral, que é o arma máis forte dos traballadores e
traballadoras
Esquerda Unida
apoia a Folga Xeral
convocada polos sindicatos e contribuirá con toda a súa capacidade ao seu éxito.
A Folga Xeral non é un fin,
senón un medio para parar a reforma laboral e os recortes sociais do
PP
É unha Folga xusta e necesaria,
á altura da agresión que se pretende. Por isto é crucial asegurar o
seu éxito para que poida cumprir
o obxectivo de parar a reforma. A Folga Xeral do 2002, fronte ao
Goberno do PP de Aznar, logrou
deter o chamado “decretazo” e tivo que dimitir o Ministro de
Traballo.
Chamamos a crear plataformas
cidadás unitarias para apoiar a organización e realización exitosa
da Folga Xeral e para continuar
a loita ata que o Goberno retire a reforma laboral.
Os traballadores e
traballadoras poden contar co noso compromiso.
Esquerda Unida sempre cos traballadores e as
traballadoras
No hay comentarios:
Publicar un comentario