É Alarmante para a
democracia cando un goberno non escoita a voz do pobo pero é moito
mais preocupante cando o que non escoita é todo un Parlamento, onde
en teoría nos vemos todos e todas representados. Cando un Parlamento
non escoita o que se di a pe de rúa e ignora o que enche xornais.
Cando toda unha cámara da a calada por resposta, sexa porque non
escoita ou por ter moito que calar.
No pasado Debate do
Estado da Autonomía non se falou da Operación Campeón. Nin Goberno
nin oposición amosaron ningún interés en facelo.
É inaudito que un dos
mais importantes casos de corrupción na historia da democracia
galega no que, ata o día de hoxe, un alcalde, varios deputados, un
exministro, altos cargos e funcionarios da Xunta de Galicia están
imputados, non sexa digno de mención para os Parlamentarios do PP,
PSOE e BNG.
Que finalidade ten un
debate do estado da autonomía?. Que función ten a oposición nun
debate desta importancia?. A quen se lle encomenda a función de
controlar a acción do goberno? .Como explicar que ningún partido na
oposición solicite unha Comisión de Investigación Parlamentaria,
figura contemplada no regulamento do parlamento para a revisión das
responsabilidades políticas?.
Resulta imprescindible
unha rexeneración democrática para recuperar a confianza e a
credibilidade nas institucións. A cidadanía precisa, hoxe mais que
nunca, da POLITICA con maiúsculas. A Política precisa mais que
nunca de CIDADÁNS con maiúsculas.
Ramón
Vázquez Díaz
Membro do
Consello Local de Esquerda Unida Lugo
No hay comentarios:
Publicar un comentario