Asegurou que Rajoy pedirá o rescate despois das eleccións galegas
Cayo recorreu o centro de Lugo con candidatos e militantes
O coordinador federal de Izquierda Unida, Cayo Lara, apoiou coa súa presencia aos candidatos e candidatas de Esquerda Unida integrantes da lista por Lugo de Alternativa Galega de Esquerda e acompañou a un nutrido número de militantes no reparto de propaganda polo centro da cidade.
Afirmou que o candidato do PP á releción como presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, "non representa unha coalición de partidos, pero representa unha coalición de defraudadores fiscais, de banqueiros e de estafadores electorais".

Cayo Lara e Ramón Vázquez na súa comparecencia diante dos medios de comunicación
Cayo Lara e Ramón Vázquez, compareceron ante os medios nos soportais da casa consistorial. O cabeza de lista de AGE por Lugo afirmou que "a partir do día 21, o que está claro é que, pase o que pase, haberá unha nova forza parlamentaria" na Cámara galega, que abrirá "de par en par as fiestras do Parlamento, para que entre aire fresco".
Lugo Pregunta
Ás 18:00 horas comenzaba na Praza Maior unha nova edición de Lugo Pregunta, unha boa iniciativa do 15-M onde a cidadanía pregunta libremente aos candidatos/as dos diferentes partidos políticos que concorren ás eleccións. Ramón Vázquez representou a Alternativa Galega de Esquerda, e foi significativa a ausencia en dito acto, pese a seren invitados, dos partidos PP, PSOE e UPyD.

Mitin en Muimenta
Para finalizar un intenso día de campaña, os candidatos/as de Alternativa Galega de Esquerda desprazáronse a Muimenta para celebrar un novo acto público. Falaron Ramón Vázquez, María Casar e Teresa Burgo, número doce da candidatura.
Teresa Burgo, Ramón Vázquez e María Casar en Muimenta
No hay comentarios:
Publicar un comentario