sábado, 13 de octubre de 2012

MITIN DE ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA EN RIBADEO

RAMÓN VÁZQUEZ RECLAMA NA MARIÑA O MANTEMENTO DOS POSTOS DE TRABALLO NA PLANTA DE ALCOA

 Ramón Vázquez no cine-teatro de Ribadeo

     Alternativa Galega de Esquerda celebrou no cine-teatro de Ribadeo o seu segundo mitin na Mariña de Lugo. Falou en primeiro lugar Iván Rodríguez Lombardero, percente a Espazo Ecosocialista e número catorce da candidatura, quen centrou a súa intervención nas consecuencias perversas para o medio ambiente que conleva o actual sistema económico. Fernando Rodríguez, número sete da lista de AGE poor Lugo e membro de Equo, tomou a palabra a continuación e profundizou no compoñente ecoloxista da coalición. María Casar, de Anova e número dous, destacou as consecuencias nefastas para a cultura que supuxeron as políticas do goberno do PP na Xunta de Galicia nesta lexislatura.
     Finalmente, o cabeza de lista, Ramón Vázquez de Esquerda Unida, enumerou as mentiras máis sinaladas de Feijóo e aportou propostas concretas para superar a crise desde unha saída social, destacando a creación dunha Banca Pública, a imposición dunha política fiscal progresiva ou o combate ao paro a través da creación de emprego en sectores productivos que deben ser reactivados como a industria forestal. Tamén falou da necesidade de impulsar políticas de defensa do sector labrego, revitalizando as pequenas e medianas explotacións, a garantía de prezos xustos, apostando pola recuperación dos ecosistemas agrarios e a sustentabilidade económica e impulsando a ordenación do territorio e a fixación de poboación no medio rural, con políticas análogas para o mundo mariñeiro e a beiramar.
    No caso da planta de Alcoa, Ramón Vázquez advertiu que a empresa non debe recibir cartos públicos se non se compromete a garantir os empregos de toda a plantilla de traballadores/as.

No hay comentarios:

Publicar un comentario