domingo, 18 de noviembre de 2012

Inicio da IX Lexislatura

ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA PROTAGONIZA A CONSTITUCIÓN DO PARLAMENTO DE GALICIA
Ramón Vázquez tomou posesión do cargo de deputado de AGE por Lugo

"Marcha cívica" que acompañou aos deputados/as ao Parlamento

 
Os deputados/as de AGE entrando no hemiciclo

Os deputados e deputadas de Alternativa Galega de Esquerda chegaron ao Parlamento de Galicia acompañados dunha "marcha cívica" de duascentas persoas para escenificar o apoio cidadán  a unha candidatura "do común". 
Unha vez dentro do hemiciclo, Xosé Manuel Beiras e Eva Solla acapararon o protagonismo ao formar a Mesa de Idade que formalmente iniciou o acto de elección da Mesa do Parlamento e o acto protocolario de xurar ou prometer a Constitución Española e o Estatuto de Autonomía .


Mesa de Idade con Beiras de Presidente e Eva Solla de Secretaria

 
Ramón Vázquez no momento de emitir o seu voto para a constitución da Mesa

Os deputados e deputadas de AGE introduciron variacións significativas na fórmula habitual "si, xuro" ou "si, prometo". Ramón Vázquez, deputado de AGE por Lugo foi acompañado por varios militantes de Lugo que asistiron como invitados,  utilizou o seguinte método:

 "Si, acato por imperativo legal gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de Galicia, e loitar, en base ás miñas conviccións republicanas, para que sexan verdadeiros garantes dos dereitos sociais e cívicos da  clase obreira, polos que tanto loitaron os nosos camaradas". 


 Ramón Vázquez no seu escano, xunto a Xabier Ron

 
 Beiras e Yolanda Díaz entonando o himno galego

 Ramón Vázquez e Xabier Ron

Juan Fajardo vestía unha camiseta de Pokémon

Carlos Portomeñe estivo presente na tribuna de invitados


1 comentario:

  1. Preciosa entrada, agora a traballar duro para demostrar que é posible facer POLÍTICA da man da clase traballadora.

    ResponderEliminar