AGE ESIXIRÁ A COMPARECENCIA DE FEIJOO NO PARLAMENTO PARA QUE SE POSICIONE SOBRE A LOMCE
A Conferencia sectorial de Educación deu o pasado 29 de outubro un prazo dun mes as comunidades para facer alegacions ao Anteproyecto de Lei
Os deputados/as de AGE despois do encontro
Ramón
Vazquez Diaz, Diputado de Alternativa
Galega de Esquerda e membro da Comisión Parlamentaria de Educación,
participou xunto cos demais membros do grupo parlamentaio de AGE,
nunca reunión de traballo con representantes da Plataforma en
Defensa do ensino para analizar o Ante proxecto da Lei Orgánica da
Mellora da Calidade.
Con posteriridade e a través dun escrito dirixido a Mesa do
Parlamento, o grupo parlamentrio de Alternativa Galega de Esquerda
esixiu a comparecencia do presidente da Xunta de Galicia, Alberto
Núñez Feijoo, para que explique no Parlamento a súa postura diante
do anteproxecto da LOMCE.
Yolanda Díaz, Ramón Vázquez e Xabier Ron rexistrando o escrito
No escrito presentado AGE denuncia que o proxecto "invade
competencias da Xunta de Galicia en materia curricular e degrada
outros aspectos sobranceiros do noso sistema público educativo"
Ponse
ademais de manifesto que a LOMCE "concibe
o sistema educativo público galego como unha oportunidade para o
negocio privado, apostando pola xestión empresarial dos centros
públicos" e "afoga a participación da comunidade
educativa ao deixar os concellos escolares como meros órganos de
consulta". Denuncia que
legaliza "a discriminación por razón de sexo financiada con
cartos públicos" e expresa "unha inequívoca vontade
clasista e segregadora para deixar fóra as fillas e fillos de clase
traballadora".
AGE acusa o PP de "mercantilizar un dereito para reducilo a un
negocio, que en lugar de formar persoas con espírito crítico e en
valores emancipadores quere conformar unha man de obra submisa"
Para
AGE a lei tenta "recentralizar-españolizar” empregando as
verbas do ministro estatal de educación" os curriculos e as
directrices pedagóxicas" . En resumo AGE
acusa o PP de "mercantilizar un dereito para reducilo a un
negocio, que lonxe de formar persoas con espírito crítico e en
valores emancipadores quere conformar unha man de obra submisa
e coas habelencias técnicas mínimas necesarias para o mercado
laboral da globalización capitalista
No hay comentarios:
Publicar un comentario