ESQUERDA
UNIDA PARTICIPOU NAS CONCENTRACIÓNS
EN DEFENSA DOS POSTOS DE TRABALLO DOS PARADORES DE TURISMO DE
MONFORTE E VILALBA
Mobilización sos/das traballadores do Parador de Turismo de Monforte
Carlos
Portomeñe coordinador de Esquerda
Unida-Lugo e Ramón Vázquez membro do
consello comarcal e deputado de Alternativa Galega de Esquerda,
asistiron as concentracións convocadas os días 7 e 8 de decembro
nos Paradores de Turismo de Monforte e Vilalba.
As
mobilizacións foron convocadas na defensa dos postos de traballo e
contra o ERE que a empresa, Paradores do Estado, ten previsto
aplicar nos establecementos de todo o pais. O ERE anunciado inclúe
despedimentos , peche de instalacións e reduccións horarias como o
caso de Monforte e Vilalba, no que se pretende pechar o parador
durante 5 meses ao ano.
As
xornadas de protesta se enmarcan dentro do calendario de
mobilizacións previsto en toda a rede de Paradores do Estado, que
inclúe dúas xornadas de folga e concentracións nos centros de
traballo en todo pais.
Esquerda
Unida defende a viabilidade dos Paradores e
o seu caracter público, considerando o ERE, unha manobra mais para a
privatización de todos os bens públicos do Estado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario