Ramón
Vázquez: “a Xunta pretende non só eliminar a educación e a
cultura senón tamén a identidade da xente para que mansamente
asuman as súas consignas”
- O deputado de AGE denunciou que a Xunta reserva recursos e privilexios para os centros privados e precariedade e marxinación para a pública.
- Ramón Vázquez mantén que non se pode falar de “conselleiro de Cultura senon da cultura da mentira porque a Cultura real está a ser exterminada”.
Santiago
de Compostela, 14 xaneiro de 2013.- O deputado parlamentario de
Alternativa Galega de Esquerda responsable de Educación e Cultura,
Ramón Vázquez, asegura que a Xunta a través do conselleiro de
Educación e Cultura, Xesús Vázquez, “pretende non so eliminar a
educación e a cultura senon tamén a identidade da xente para que
mansamente asuman as súas consignas”. “Pensan que repartindo
estupefacientes co telelixo e cos cines de centro comercial van
conseguir entreter a xente o suficiente como para que non se decaten
do seu desgobernó” afirmou.
Dende
Alternativa Galega de Esquerda destacan o recorte de 149 millóns de
euros para educación aos que hai que sumar os máis de 400 que xa
recortaron nos tres exercicios anteriores o que supón “unha
auténtica asfixia e colapso para o sistema educativo público e que
supón apuntalar o desmantelamento do sistema educativo público
construido nos últimos 30 anos”. “Fan un recorte brutal dos
recursos da educación pública e permítense vostedes gastar 237
millóns no ensino privado/concertado” destacou Ramón Vázquez que
engadiou que mesmo “se permiten aumentar en 680.000 euros a
asignación a concertos en centros de formación profesional,
superando o marco normativo que reserva os concertos prioritariamente
as etapas obrigatorias”. Así denunciou que o goberno da
Xunta“reserva recursos e privilexios para os centros privados e
precarieadde e marxinación para a pública”.
Para
o deputado de AGE o modelo educativo que sustentan estes orzamentos é
un modelo educativo urbano, marcado pola hexemonía dos centros
privados concertados que copan as zonas mais céntricas das cidades,
á vez que pon mais atrancos ás escolas no rural acentúan o
despoboamento sumando unha política de desmantelamento do sector
agrogandeiro no rural á falta de servizos básicos como a educación.
Baixo o pretexto da chamada liberdade de elección de centros para as
familias “o que se pretende é que lle saia gratis o colexio
privado a uns cantos, mentres para os outros queda unha escola
deficitaria, masificada ou despoboada segundo o caso e sen recursos e
deteriorada”.
Ramón
Vázquez preguntoulle ao conselleiro sobre os 12 millóns que adican
aos centros que segregan ao alumnado en función do sexo co que
lembrou incumpren as sentencias do tribunal supremo. “Confunden
excelencia con elitismo chapuceiro: escolas para ricos e outras para
pobres” afirmou Ramón Vázquez.
En
materia lingüística, insistiu en que continúan co lingüicidio
iniciado co decreto do plurilingüísmo, co que tentan eliminar o
galego na escola, e o acompañan cunha diminución en política
lingüística de 2.131.000 de euros, un 27 por cento menos. E por se
iso fora pouco, non vai a ser que o galego levante cabeza, diminúen
o orzamento en normalización lingüística en 1.244.000 euros, un 51
por cento menos”.
No
campo da Universidade, Ramón Vázquez suliñou o descenso de 21
millóns de euros destacando que “fixo onte xusto un ano da
publicación no DOG do o chamado plan de financiamento universitario
de Galicia 2011-2015, segundo o cal, correspondería un orzamento
para o ano 2013 de 393,2 millóns de euros, e dicir un incremento
orzamentario de 4 millóns de euros para este ano, en lugar dun
descenso de 21 que é o vostedes fixeron, o que implica unha mentira
de 25 millóns de euros” sinalando que isto de “non é novidade
xa que se hai algo no que vostedes son expertos é en mentir e
incumprir os acordos e as leis, e xa non digamos as promesas
electorais”. Pola contra o gasto en asesores, persoal eventual de
gabinete e altos cargos é dos únicos que medra, e faino en 182.000
euros.
En
canto aos orzamentos adicados a Cultura, Ramón Vázquez destacou que
“o señor conselleiro, non é o conselleiro de cultura, se o é,
serao da cultura da mentira, porque a cultura real, a cultura de
base, está a ser exterminada”. Con estes orzamentos a Cultura
queda reducida a unha especie de voluntarismo militante dos axentes
sociais. Coa redución de 19 millóns de euros duns orzamentos de
sempre febles, as pequenas compañías teatrais, os circos, as
pequenas compañías de danza, os cineclubes, a rede de salas e
demais axentes culturais, definitivamente esmoreceran, mentras
vostedes continúan a adicar un 17 por cento dos orzamentos a
Fundación da Cidade da Cultura, mais de 9 millóns de euros, un
monstro insaciable que esta a engulir o tecido cultural galego que
morre día a día de inanición.
O
deputado de AGE salientou a eliminación de proxectos tan importantes
como o de Camiños de Cultura, a paralización da rede galega de
teatros e auditorios e a rede galega de salas; ou a teima por afogar
a Real Academia Galega “facendo que a principal institución
encargada do estudio da cultura galega e da promoción da lingua, se
arrastre implorando financiamento para poder sobrevivir, sendo con
moito a academia con menos recursos das nacionalidades con lingua
propia”.
Así
mesmo, Ramón Vázquez destacou a extinción e liquidación do
decreto a Fundación Illa de San Simón, lugar emblemático para o
recordo de todos aqueles que loitaron polos valores democráticos e
contra o golpe franquista, polo que pediu que aclaren cal vai a ser o
futuro deste lugar e das súas instalacións como centro de
interpretación da memoria histórica “pois coñecendo a súa
querenza pola recuperación da memoria, sentímonos fondamente
preocupados”.
“A
partida adicada a bibliotecas, arquivos, museos e equipamentos
culturais baixa en 3,4 millóns de euros; a destinada ó fomento das
actividades culturais perde 6,8 millóns; a protección e promoción
do patrimonio histórico, artístico e cultural perde máis de 2 m.
de euros… en definitiva unha autentica debacle cultural” declarou
o deputado de AGE “que unida o desmantelamento da educación
pública e o lingüicidio acometido pola súa política lingüística,
non pretenden outra cousa que a destrución do pobo como colectivo
crítico”.
“Vostedes
non so pretenden eliminar a educación e a cultura senón tamén a
identidade da xente para que mansamente asuman as súas consignas.
Saben que sen teatros, sen escolas, sen libros nin soños , lles será
mais doado gobernar. Pensan que repartindo estupefacientes co
telelixo e cos cines de centro comercial van conseguir entreter a
xente o suficiente como para que non se decaten do seu desgobern pero
tamén niso están errados, a cidadania e moito mais que unha recua
de mansos borregos” explicou o deputado parlamentario.
“A
Cultura e a Educación non son gastos, son verdadeiras inversións de
futuro, ese futuro que lle están roubar a toda unha xeración”
sentenciou Ramón Vázquez.
Podes seguir a intervención de Ramón Vázquez sobre os orzamentos de Educación e Cultura nos seguintes enlaces:
1ª intervención:
http://www. parlamentodegalicia.es/ buscaVideos/asx.aspx?wmv= 0000007984-002-100kb.wmv& timecode=00:52:47&duration=00: 17:41
http://www.
Réplica:
No hay comentarios:
Publicar un comentario