A
XUNTA PRESENTA UNS ORZAMENTOS QUE DE NOVO AFUNDEN OS DEREITOS SOCIAIS E OS SERVICIOS PÚBLICOS
Para Alternativa Galega de Esquerda os orzamentos presentado
convirten á Provincia de Lugo nun páramo de
desesperanza social
Ramón Vázquez, deputado de AGE
A Xunta de Galicia ven de presentar o proxecto de orzamentos para o ano
2013 marcados polo seu carácter antisocial e ao servizo da débeda e o teito de
gasto. Por cuarto ano consecutivo os orzamentos vense recortados en todas as
partidas especilemente a sanidade e a educación.
A Xunta de Galicia
sinala no seu propio proxecto unha previsión de ingresos de 9.479,8 millóns de
euros mentres que establece un teito de gasto de 8481millons de euros. Os
orzamentos para o ano 2013, son de novo os orzamentos dos recortes sufrindo un
descenso insoportable no gasto social que se concreta nunha diminución dos orzamentos de sanidade de 111 millóns
de euros menos, e 153
millóns de euros menos nos de educación. Por outra
banda constátase tamén unha importante diminución das transferencias aos
concellos, xa de por si esganados economicamente.
Os orzamentos
plantéxanse ademais, de acordo cunhas previsións de aumento do paro en 4
decimas, unha diminución do consumo nos fogares do 2,3%, e unha diminución do
PIB galego nun 1,2% ao que temos que engadir que todas as previsións económicas
feitas ata o de agora polo goberno da Xunta, foron corrixidas á baixa pola
realidade nos últimos anos.
Polo que respecta á
provincia de Lugo, os orzamentos supoñen o abandono das principais necesidades
da cidadanía mentres se adican a non completar proxectos inacabados que
continuarán sen rematar.
Cunha diminución de mais de 30 millóns de euros en
infraestruturas, os principais viais iniciados na
provincia, continuaran o seu mortecino ritmo de execución. O caso do
Corredor de Monforte (5,3
millóns de euros), o Corredor da
Mariña (3,5 millóns de euros) continuaran co seu
atraso e diminución nas inversións.
As inversións en
infraestruturas sanitarias seguen o mesmo camiño, resultando especialmente grave
o caso dos servizos de Hemodinámica, Radioterapia e
Medicina Nuclear do HULA que nin se contemplan
despois de estar previstos para o ano 2011. O mesmo sucede coas obra prometidas
para o antigo Hospital Xeral, no que o previsto PAC continuará sen dotación económica. Diminúen
tamén as inversións no Hospital da
Costa cuns exiguos 50.000 euros de
dotación.
Si reciben, pola
contra, importantes inversións os Parques
Industriais, tanto o de Monforte con 5,4 millóns de
euros e o das Gándaras en
Lugo con 470.000, euros, nun contexto de desmantelamento industrial na provincia
e no que a demanda de solo industrial rexistra mínimos históricos.
Quedan tamén no aire
moitas das inversións prometidas para a cidade de Lugo.
O Auditorio de Lugo ve diminuída a súa
inversión, pois do total previsto para o período 2012-2014, tan so 5,1 millóns
de euros se ven concretados, sucedendo o mesmo co Plan Paradai, que queda reducida a
simbólica inversión de 375.000 euros.
Peor sorte corren
outras obras comprometidas que brillan pola súa ausencia como o Museo da Romanización de San Fernando, A Ronda Leste nin o Barrio
da Residencia.
Os orzamentos non
fan tampouco fronte a unha das primeiras necesidades da cidadanía como é a
vivenda, nun contexto en que os problemas de acceso á mesma están acadando
tintes dramáticos, recolléndose unicamente 1.600.000
euros para Vivendas Publicas absolutamente
insuficientes nun área que debera ter unha atención preferente.
As inversión
educativas concrétanse en 300.000 euros para o IES as
Mercedes, despois de terse comprometido 600.000 para
o exercicio 2012 que finalmente non foron invertidos. Sucede o mesmo cos 200.000
euros comprometidos para a construción dun novo centro xa prometidos no 2012 e
aínda sen realizar.
Finalmente, os
orzamentos non contremplan medidas dirixixidas a resolver os problemas polos que
atravesa o sector agrogandeiro, tan importante na nosa provincia e condeado ó seu abandono e
desaparición.
Os orzamentos
caracterízanse, unicamente polos axustes realizados na vía dos gastos
pero carecen de melloras na política de
ingresos que permitan dispoñer de mais recursos para
dar resposta aos problemas da cidadanía. Non se modifica o tramo autonómico do
IRPF dos salarios mais altos, nin se outorga de ferramentas á Axencia Tributaria
Galega para combater o fraude fiscal, nin se introducen impostos ás grandes
superficies, nin ás transaccións bancarias etc, recaendo de novo os esforzos nos
mais débiles.
No hay comentarios:
Publicar un comentario