Parte das subvencións da Deputación de Lugo
ESQUERDA UNIDA CONSIDERA UNHA INMORALIDADE QUE A DEPUTACIÓN E O CONCELLO DE LUGO ADIQUEN PRETO DE 3 MILLONS DE EUROS A CLUBES DEPORTIVOS PROFESIONAIS NUN CONTEXTO DE CRISE COMO O ACTUAL
EU
presentará mocións nas dúas institucións e no
congreso dos Deputados para que as forzas políticas axilicen o cambio normativo
anunciado ou se realice unha moratoria a través da Comisión Mixta Transformadora
en SAD
Esquerda Unida Lugo considera que o
Clube Deportivo Lugo fixo méritos deportivos e de xestión suficientes como para
ser un clube de 2º división, pero esta circunstancia non
pode suceder a calquera prezo.
Ramón Vázquez, sinalou que “resulta unha inmoralidade social que se
anuncien importantes axudas o Clube Deportivo Lugo, cando ademais xa se están
dando importantes cantidades de recursos públicos cada ano os clubes
profesionais da Cidade”. Unha inmoralidade social que, segundo Vázquez, “sucede
mentres milleiros de lucenses teñen dificultade para acceder a unha vivenda ou a
perden con motivo dos desafiuzamentos, pasan fame ou necesidade que os obriga a
acudir o banco de alimentos ou se lles di que non hai recursos para recuperar os
seus aforros estafados polas preferentes”.
Vázquez proporcionou as cifras das subvencións aportadas polas
institucións lucenses ao CB Breogán e ó CD Lugo. No caso concreto da Deputación
de Lugo, os orzamentos de 2013 da institución contemplan 275.000 euros en
subvencións para gastos de tempada do Clube Deportivo Lugo e 625.000 euros polo
mesmo concepto para o Clube Baloncesto Breogán. Se a estas cifras engadimos os
900.000 euros previstos para a compra de accións do C.D Lugo, as axudas públicas
ofrecidas pola Deputación de Lugo alcanzarían a cantidade de 1.800.000
euros.
A esta cantidade hai que engadir os 600.000 euros de axuda anunciada
polo Concello de Lugo en concepto de compra de accións do Clube Deportivo Lugo
que, tendo tendo en conta as axudas declaradas e o custe de mantemento das
instalacións deportivas, daría como resultado que as institución lucenses adican
preto de 3.000.000 de euros ós dous clubes profesionais da
cidade.
Ramón Vázquez engadiu que “todo isto sucede ademais, nun contexto en
que o Concello de Lugo fixo importantes recortes nos orzamentos deste ano no
fomento do deporte (-9.000 euros) e en apartados vitais para a poboación como as
axudas a persoas dependentes (-58.019 ), a saúde (-7000 euros), acción social
(-100.969 euros), educación preescolar e primaria (-19.969 euros), cultura (-82.
982 euros) e vivenda (-138.000 euros)”.
COMPARATIVA ORZAMENTOS CONCELLO DE LUGO 2012/2013
|
|||
2012
|
2013
|
DIFERENZA
|
|
FOMENTO DO DEPORTE | 2.130.200 | 2.121.000 | -9.000 |
PERSOAS DEPENDENTES | 3.773.678 | 3.715.659 | -58.019 |
ACCIÓNS PUBLICAS RELATIVAS Á SAÚDE | 93.016 | 86.016 | -7.000 |
ACCIÓN SOCIAL | 1.714.048 | 1.613.079 | -100.969 |
EDUCACIÓN PREESCOLAR E PRIMARIA | 1.070.812 | 1.090.781 | -19.969 |
CULTURA | 1.100.469 | 1.017.487 | -82.982 |
VIVENDA | 672.800 | 800.000 | -138.000 |
Os clubes de fútbol profesionais endebedan á
Axencia Tributaria, 752 millóns de euros dos que 184 millóns se corresponden
precisamente cos clubes de segunda división. A normativa vixente e as axudas
públicas, non fan outra cousa que empeorar a situación, polo que mesmo a
Comisión Europea ten anunciado xa o inicio de medidas dirixidas a obrigar a
devolver as axudas públicas concedidas o que podería implicar a desaparición de
moitos clubes profesionais, incluídos os Lucenses.
“Dende Esquerda Unida Lugo consideramos importante que o Clube
Deportivo Lugo manteña a categoría e se exploren todas as vías para acadalo,
pero entemos que non se teñen esgotado todas as vías para acadalo”, sinalou
Carlos Portomeñe.
Portomeñe manifestou que “resulta evidente que a primeira vía para
manter a categoría consiste en cumprir cos requisitos establecidos para
converterse en Sociedade Anónima Deportiva (SAD) e que polo tanto se consigan
vender as accións necesarias entre aquelas persoas e os siareiros interesados”.
“Pero tamén é evidente”, sinalou, que urxe un cambio normativa a Lei 10/1990 e o
RD 1251/1999 que establece uns requisitos inasumibles para clubes saneados e
humildes como o Clube Deportivo Lugo e o propio Clube deportivo Mirandés tamén
afectado”.
EU propón que se inste de xeito urxente á Comisión Mixta para a Transformación en SAD, dependente do Consello Superior de Deportes, para que estableza unha
moratoria no cumprimento dos requisitos establecidos, toda vez que existe un
amplo consenso e mesmo o anuncio dun cambio na Lei para tal fin.
Neste sentido e como medidas alternativas, Esquerda Unida propón a
todas as forzas políticas (PP, PSOE e BNG), para que insten ao Congreso dos
Deputados a realizar as modificacións oportunas da Lei 10/1990, de xeito que
esta non cumpra o cometido contrario para o que en teoría foi establecida,
deixando de obrigar na práctica a que as institucións públicas acudan en socorro
dos clubes, concedendo axudas irrecuperables e asumindo cada vez maiores
débedas.
Vázquez e Portomeñe anunciaron que EU presentará mocións no Concello
e na Deputación, para que as forzas políticas con representación se sumen ás
iniciativas parlamentares que está organización ten previsto presentar no
Congreso dos Deputados e atopar unha solución a unha cuestión na que existe un
amplo consenso e acordo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario