jueves, 18 de julio de 2013

Drones en Rozas

EU SOLICITOU A COMPARECENCIA DO MINISTRO DE DEFENSA PARA INFORMAR SOBRE O USO MILITAR DO AERÓDROMO DE ROZAS
Forma parte das distintas iniciativas realizadas no Congreso dos Deputados e no Parlamento de Galicia

UAV Atlante da empresa Cassidian durante unha das probas en Rozas

Esquerda Unida denunciou no seu día a sinatura dun convenio entre o INTA (Instituto Nacional de Tecnoloxía Aeronáutica) dependente do Ministerio de Defensa, a Deputación Provincial de Lugo, o Concello de Castro de Rei e o Real Aeroclube de Rozas, para a realización de probas con avións non tripulados no aeródromo Lucense.

De feito, a empresa transnacional EADS, a través da súa división aeronáutica CASSIDIAN, leva dende o ano 2011 realizando probas dentro do proxecto ATLANTE, co dron do mesmo nome, nas instalación de Rozas.

O modelo Atlante trátase dun dron concebido para usos militares, de 8 metros de emvergadura, autonomia de 10-20 horas e unha capacidade de carga de 100 KG, que o propia fabricante define como “o primeiro avión non tripulado táctico capaz de realizar misións civís e militares...”

O pasado 12 de Xullo o Conselleiro de Industria, Francisco Conde, participou nun foro organizado polo Consorcio Galego de Aeronáutica onde confirmou o apoio do Goberno Galego á industria dos drons que enmarcou dentro da Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) para o que o aeródromo de Rozas ofrecía “ unhas excelentes oportunidades”.

Recentemente o INTA nomeaou persoal do exército con destiño no aeródromo de Rozas á vez que se anuncia o desmantelamento de outras instalacións do Ministerio de Defensa na cidade.

Esquerda Unida presentou unha iniciativa no Parlamento de Galicia na que instou o Goberno Galego a demandar a paralización das probas en Rozas namentres non se aporte información a cidadanía do contido do proxecto ATLANTE e dos plans que Ministerio de Defensa ten previstos para o aeródromo de Rozas.

Por outra banda, a través do portavoz de Izquierda Unida no Congreso, José Luis Centella, EU Lugo presentou a solicitude de comparecencia do Ministro de Defensa, Morenés, para que informe sobre a cesión do aeródromo de Rozas ubicado en Castro de Rei ao Instituto Nacional de Técnica Aeronáutica (INTA) e o seu futuro uso.

Ademais, Esquerda Unida presentou solicitude dos “Convenios asinados entre o Ministerio de Defensa e o Instituto Nacional de Técnica Aeronáutica (INTA) e o Ministerio de Defensa e Fomento respecto á cesión das instalacións e o uso da base de Castro de Rei para o estudio e desennvolvemento de avións non tripulados”.

Finalmente, Esquerda Unida presentou diferentes preguntas parlamentares no Congreso dos Deputados entre as que destacan as seguintes:

¿Ten o goberno previsto converter o aeródromo de Castro de Rei en base de avións espías?

¿Cómo xustifica o Goberno as probas realizadas no aeródromo de Castro de Rei pola empresa Cassidian, pertencente á multinacional EADS, empresa máxima accionistas da compañía panaeuropea de Misís MBDAS da que foi presidente Executivo para España o actual Ministro de Defensa?

¿Ten previsto o Goberno a utilización do aeródromo de Castro de Rei como unha das cinco bases de probas que os Estados Unidos ten intención de instalar en Europa de avións non tripulados?

No hay comentarios:

Publicar un comentario