lunes, 16 de septiembre de 2013

Pagos obrigados nos comedores escolares

ESQUERDA UNIDA LUGO DENUNCIA QUE AS FAMILIAS SEN PRAZA ESCOLAR NA SUA ÁREA DE INFLUENCIA SON OBRIGADOS A PAGAR A TARIFA MÁXIMA DOS COMEDORES ESCOLARES.

Centos de familias que ao longo destes anos non acadaron praza no colexio público que lles correspondía na súa área de influencia, son agora obrigados a pagar 4,50 euros cada día polo comedor escolar dos seus fillos.

As direccións dos centros están derivando ás familias á Delegación Territorial da Consellería de Educación para que realicen reclamacións. 

 
Co inicio de curso e a aprobación do novo decreto de comedores, a Consellería de Educación está a sembrar o caos en moitos centros da cidade de Lugo.
A disposición adicional primeira do citado decreto, establece no seu apartado primeiro, que o alumnado escolarizado nun centro distinto de aquel que lle corresponda segundo a distribución das áreas de influencia establecidas polos titulares das xefaturas territoriais da Consellería, como consecuencia de decisións de índole familiar ou persoal, non terán dereito ao comedor escolar.
No apartado 2º do citado decreto, establece que no caso de haber prazas e persoal dispoñibles, o alumnado procedente doutras áreas de influencia, poderán empregar o servizo de comedor pagando o importe máximo da tarifa que se sitúa nos 4,50 euros.
A propia Consellería de Educación enviou unha circular informativa aos centros de ensino na que informa aos directores sobor da obrigatoriedade de cobrar o servizo de comedor ao alumnado escolarizado fora da súa área de influencia, sen ter en conta excepción algunha.
Esta circunstancia afecta polo tanto a todo aquel alumnado que por falla de prazas públicas na súa zona de residencia, é obrigado a escolarizarse fora da súa área de influencia o que implica evidentes trastornos para a conciliación da vida familiar e laboral aos que agora hai que engadir a obrigatoriedade de pagar a tarifa máxima dos comedores escolares (4,50 euros) por non ter dereito aos descontos aplicables en función da renda, sexan cales sexan os seus ingresos.
Un feito que afecta igualmente aos nenos pertencentes a familias desestructuradas nas que o lugar de residencia teña mudado como consecuencia da situación que estas padecen.

Esquerda Unida Lugo denuncia este agravio comparativo que está a provocar numeroso problemas nos centros de ensino da cidade e unha grave inxustiza para as familias que están sendo derivadas polos directores dos colexios a xefatura territorial de Lugo para presentar as correspondentes reclamacións.
O coordinador de Esquerda Unida Lugo e Deputado de Alternativa Galega de Esquerda, Ramón Vázquez, presentará este Luns unha proposición non de lei para que o alumnado escolarizado obrigatoriamente fora da súa área de influencia, por non ter unha praza pública no seu centro de referencia, teñas as mesmas condicións de acceso ao servizo de comedor que o alumnado pertencente a área de influencia .

No hay comentarios:

Publicar un comentario