ESQUERDA UNIDA PROPÓN DEZ MEDIDAS PARA CONSEGUIR UNHA MAIOR XUSTICIA FISCAL E IMPOSITIVA NO CONCELLO
EU-Lugo presentou alegacións ás ordenanzas fiscais do Concello para redistribuir a carga impositiva e dotar de maior progresividade ós impostos municipais
EU-Lugo presentou alegacións ás ordenanzas fiscais do Concello para redistribuir a carga impositiva e dotar de maior progresividade ós impostos municipais
Desde o punto de vista de Esquerda Unida-Lugo, o anuncio realizado polo Goberno Municipal en relación coa conxelación das taxas e os impostos municipais, resulta conformista e conservadora. Con este medida, aplicada de xeito lineal e por segundo ano consecutivo, o Goberno municipal renuncia a instrumentar unha fiscalidade municipal progresiva, que garanta que paguen máis os que máis teñen e que permita aos milleiros de lugueses e luguesas que están a pasar cada vez mais dificultades, unhas mellores condicións de vida.
Esquerda Unida-Lugo presenta, en forma de alegacións á Concellería de Economía, un conxunto de propostas para configurar unhas ordenanzas fiscais acordes aos principios de progresividade e equidade, en forma de bonificacións e exencións ás veciñas e veciños de Lugo en condicións económicas máis febles . É imprescindible afrontar a actualización das ordenanzas fiscais nun contexto extraordinariamente adverso, cunha crise que non cesa e que, ao se prolongar no tempo, deixa en moi mala situación a milleiros de persoas afincadas na nosa cidade.
Por outra banda, EU-Lugo considera imprescindible establecer mecanismos fiscais que penalicen a especulación urbanística e inmobiliaria e facilite o acceso a vivenda das clases populares.
Esquerda Unida-Lugo, consonte o exposto, propón dez medidas concretas para conseguir unha maior xusticia fiscal, baseada da equide e progresividade impositiva.
DEZ MEDIDAS PARA UNA MAIOR XUSTICIA FISCAL E IMPOSITIVA
1. Introdución de índices correctores do pago que atenda á renda per cápita da unidade familiar en todas as ordenanzas fiscais que o permitan legalmente, empezando polo recibo da auga.
2. Introdución de coeficientes de dedución ás familias monoparentais nas ordenanzas fiscais referidas ós prezos da escola municipal de música, prezos de exames, prezos das escolas infantís, taxas polo emprego de infraestruturas culturais e sobre a tarifa da auga.
3. Incremento do 50% da taxa aplicada ás entidades financeiras polo establecemento de caixeiros automáticos con acceso á vía pública e un desconto na mesma proporción (50%) ás maquinas expendedoras de películas.
4. Aplicación dun recargo no IBI aos multipropietarios de vivendas, incrementado progresivamente este imposto a partires da segunda vivenda ata chegar a un incremento do 50% a partir da 5ª vivenda en propiedade.
5. Taxa para gravar a publicidade en elementos de gran formato en mobiliario urbano, no transporte e na publicidade móbil.
6. Eximir do pago das copias de documentación que obren en poder do concello ( planos, informes, etc. ) ás entidades que consten inscritas no rexistro de asociacións do concello e non teñan ánimo de lucro.
7. Penalizar, aos propietarios que non conserven aos seus inmobles e provoquen a posterior declaración de ruina duplicando a taxa de declaración de ruina cando é o propietario quen a promove.
8. Emprego gratuito do Auditorio Gustavo Freire para as entidades que consten inscritas no rexistro de asociacións do Concello de Lugo e non teñan ánimo de lucro
9. Cobro do Imposto de Bens Inmobles a Igrexa Católica
10. Bonificacións nos trámites e licencias de apertura de establecementos comerciais aos autónomos que abran un primeiro negocio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario