jueves, 7 de noviembre de 2013

EU DEFENDE UNHA FISCALIDADE PROGRESIVA QUE AUMENTE OS RECURSOS MUNICIPAIS, GARANTA OS SERVIZOS PÚBLICOS E PERMITA QUE PAGUEN MAIS OS QUE MAIS TEÑEN


Ramón Vázquez e Carlos Portomeñe

Esquerda Unida-Lugo considera que a conxelación das tasas e impostos municipais lineal establecida no Concello por segundo ano consecutivo, resulta conformista e conservadora pois o Goberno Municipal renuncia a instrumentar unha fiscalidade municipal progresiva, que garanta que paguen mais os que mais teñen, que permita aos milleiros de lugueses que están a pasar cada vez mais dificultades, unhas mellores condicións de vida e o acceso aos diversos servizos municipais.



Coas ordenanzas Fiscais aprobadas, unha familia na que cada un dos proxenitores gañe 1.000 euros ó mes e con dous fillos de 2 e 6 anos, pagaría 2.339,6 euros anuais, en tasas e impostos municipais no caso de que os seus membros empreguen os servizos municipais básicos. Unha cifra a penas superada polos 2651,6 euros anuais que tería que pagar unha familia na que cada un dos pais ou titores ingresen 3.000 euros.



O imposto do IBI lévase 200 euros anuais de media das familias mais populares mediante unha ordenanza, a numero 203, que unicamente recoñece descontos para as familias numerosas con vivendas cun valos catastral inferior a 60.000 euros. Unha familia con altos ingresos se reside nunha zona céntrica, nun piso de recente construción e de 150 metros cadrados pode pagar ata o dobre, uns 400 euros ao ano.

O recibo da auga e o lixo lévase unha media de 55 euros ao trimestre e inclúe unha cota fixa da auga de 9,45 euros, outra cota de sumidoiros de 5,25 e a factura pola recollida do lixo que ascende a 21, 63 euros , cifras ás que hai que engadir o auga consumida. O total alcanza os 120 euros anuais para unha familia cun consumo razoable de auga. A ordenanza número 109 so contempla deducións para familias perceptoras do RISGA e familias numerosas, polo que unha familia con altos ingresos pagaría o mesmo que a de mileuristas.



O imposto de vehículos de motor para un vehículo de 12 cabalos fiscais, un modelo de calquera das marcas cunha cilindrada de 1.600 c.c, supón 123 euros anuais, sen que a ordenanza 200, que regula este apartado, recolla ningún tipo de coeficiente redutor en función da renda. A parella que ingresa 6.000, se ten un vehículo de alta gama e alta cilindrada, pagará como máximo 193 euros por ano.



Se un dos dous fillos é menor de tres anos e atopa praza nunha Escola Infantil do Concello, a familia terá que pagar 143 euros mensuais o que suma 1573 euros ó ano. A ordenanza número 16 que regula os prezos das Escolas Infantís, contempla uns baremos nos que se establece esa tarifa para as familias con ingresos de mais de 490,81 euros per capita. Unha parella que ingrese 6.000 euros, cun salario de 3.000 euros cada un, pagaría como máximo 165 euros ao mes.



Se esta familia pretende que o seu segundo fillo acuda á Escola de Música Municipal, terá que aboar 150 euros por curso, contemplándose unicamente unha redución do 50% para o terceiro irmán matriculado (375 euros) ou se os proxenitores gañan menos de 601 euros cada un. Neste caso a familia na que cada membro da parella gaña mil euros e a que gañan 3.000, pagan o mesmo.



Se a familia referida, ademais pretende que o seu fillo aprenda a nadar na Piscina Municipal do Concello, terán que pagar 18,40 euros ao trimestre, 55,20 por ano e fillo, contemplándose unicamente na ordenanza número 400, descontos do 20% para as familias numerosas. A tarifa é a mesma para a familia que gaña 6.000 ao mes.



Todo elo suma un total de 2.339,6 euros que a familia mileurista terá que pagar en impostos, taxas e servizos municipais básicos, que no caso dunha familia que gañe 6.000 euros, con idéntico número de membros e que reciba o mesmo tipo de servizos implicaría pagar 2651,6 euros, unha cifra que non recolle a diferencia de poder adquisitivo nin se corresponde cunha política fiscal que responda aos criterios de xustiza fiscal, equidade e redistribución da riqueza que deben rexer calquera goberno, mais si se considera de esquerdas.




PARELLA DE 2 FILLOS CON INGRESOS DE 1.000 EUROS CADA UN
PARELLA DE 2 FILLOS CON INGRESOS DE 3.000 EUROS CADA UN.
IMPOSTO DE BENS INMOBLES
200 euros
400 euros
RECIBO AUGA E LIXO
55 euros ao trimestre
55 euros ao trimestre
IMPOSTO VEHÍCULOS DE TRACIÓN
123 euros ano
193 euros ano
ESCOLA DE MÚSICA MUNICIPAL
150 euros curso
150 euros curso
ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL
143 euros ao mes
165 euros ao mes
PISCINA MUNICIPAL
18,40 euros trimestre
18,40 euros trimestre
CUSTO TOTAL POR ANO
2339,6 EUROS Ó ANO
2651,6 EUROS Ó ANO



A conxelación lineal das taxas, realizada ademais por segundo ano consecutivo, so prexudica como vemos, as clases mais populares, que ven como ademais os impostos indirectos, como IVE ou o céntimo sanitario, non deixan de subir.

De feito o Índice de Presión Fiscal non deixou de medrar en Lugo, alcanzando os 597 euros anuais por persoa, moi por riba da media provincial (417 euros por persoa e ano) , moi por riba da media galega (423 euros por persoa e ano) e por riba tamén da media estatal (590 euros por persoa e ano)

O índice de presión fiscal ten en conta o pago de impostos directos, impostos indirectos, as taxas e os prezos públicos, polo que resulta un indicador fiable, das cargas fiscais ás que cada veciño de Lugo ten que facer fronte.


Por estes motivos Esquerda Unida-Lugo presentou a semana pasada para ser debatidas no pleno, dez medidas concretas para configurar unhas ordenanzas fiscais acordes aos principios de progresividade e equidade, en forma de bonificacións e exencións ás veciñas e veciños de Lugo en condicións económicas máis febles . É imprescindible afrontar a actualización das ordenanzas fiscais nun contexto extraordinariamente adverso, cunha crise que non cesa e que, ao se prolongar no tempo, deixa en moi mala situación a milleiros de persoas afincadas na nosa cidade.



DEZ MEDIDAS PARA UNA MAIOR XUSTICIA FISCAL E IMPOSITIVA



1. Introdución de índices correctores do pago que atenda á renda per capita da unidade familiar en todas as ordenanzas fiscais que o permitan legalmente empezando polo recibo da auga.

2. Introdución de coeficientes de dedución ás familias monoparentais nas ordenanzas fiscais referidas ós prezos da escola municipal de música, prezos de exames, prezos das escolas infantís, taxas polo emprego de infraestruturas culturais e sobre a tarifa da auga.

3. Incremento do 50% da taxa aplicada ás entidades financeiras polo establecemento de caixeiros automáticos con acceso á vía pública e un desconto na mesma proporción (50%) ás maquinas expendedoras de películas.

4. Aplicación dun recargo no IBI aos multipropietarios de vivendas, incrementado progresivamente este imposto a partires da segunda vivenda ata chegar a un incremento do 50% a partir da 5ª vivenda en propiedade.

5. Taxa para gravar a publicidade en elementos de gran formato en mobiliario urbano, no transporte e na publicidade móbil.

6. Eximir do pago das copias de documentación que obren en poder do concello (planos, informes, etc. ) ás entidades que consten inscritas no rexistro de asociacións do concello e non teñan ánimo de lucro.

7. Penalizar, aos propietarios que non conserven aos seus inmobles e provoquen a posterior declaración de ruína duplicando a taxa de declaración de ruína cando é o propietario quen a promove.

8. Emprego gratuíto do Auditorio Gustavo Freire para as entidades que consten inscritas no rexistro de asociacións do Concello de Lugo e non teñan ánimo de lucro.

9. Cobro do Imposto de Bens Inmobles a Igrexa Católica . A Igrexa ten no concello de Lugo 111 inmobles por un valor catastral de 27,5 millóns de euros.

10. Bonificacións nos trámites e licencias de apertura de establecementos comercias aos autónomos que abran un primeiro negocio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario