martes, 21 de enero de 2014

CD Lugo e CB Breogán

CONCELLO E DEPUTACIÓN CONSUMAN O ENGANO COA SÚA ENTRADA NO CONSELLO DE ADMINISTRACIÓN DO C.D. LUGO e C.B. BREOGÁN

Preto de 4 millóns de euros en axudas públicas en 2013 e o desembarco de cargos públicos nos dous clubes profesionais, caracterizan as actuacións das dúas institucións

O coordinador de EU Lugo, Ramón Vázquez e o responsable de política local Carlos Portomeñe, ofreceron hoxe unha rolda de prensa na que denunciaron que PSOE, PP e BNG repiten a situación que levou á crise do C.B Breogán.
 
No caso da Deputación Provincial, Ramón Vázquez aclarou que os responsables do ente provincial menten na súa campaña publicitaria, pois as achegas públicas ao C.B Breogán en 2013 son de 1.800.000 euros, moi por riba do millón anunciado nos medios de comunicación.
Pero lonxe de conformarse coas subvencións públicas aportadas, a Deputación de Lugo colocou ós 7 nembros da directiva do Breogán, 1 representante do PP, 2 representantes do PSOE e 2 representantes do BNG, ademais da interventora e do secretario.
Polo que se refire o C.D Lugo o coordinador comarcal de EU-Lugo afirmou que a Deputación de Lugo aporta preto 1.200.000 euros, 900.000 en compra de accións e 275.000 para gastos de tempada. Neste caso o organismo provincial ten nomeado a tres representantes, 1 do PSOE e 1 do PP, ademais do secretario desta institución.
No ano 2013 foron pois preto de 3 millóns de euros públicos o que a Deputación de Lugo adicou os dous clubes profesionais da cidade” concluíu Ramón Vázquez, “mais do que a Deputación inviste en partidas como vivenda, educación, acción social ou igualdade”.Unha entrega que dende EU-Lugo consideran obscena cando o 46,84% dos habitantes da provincia de Lugo chega con dificultade a final de mes, segundo os datos do propio Instituto Galego de Estatística.
Por outra banda, desde EU-Lugo dubidan seriamente da legalidade na venta das accións do CB Breogán por pouco mais dun euro cada unha, mais cando o ente provincial pagou no seu día 1.200.000 euros , a razón de 16, 23 euros por acción, polas preto de 75.000 que posúe, o 48,35% do clube, tal e como se recoñece nunha recente auditoría a que este foi sometido. Segundo o prezo de venda das accións na actualidade o Breogán tería un valor de 167.000 euros, algo difícil de asumir nun clube con licencia ACB.
Pola súa banda o responsable de política local Carlos Portomeñe, referiuse ó diñeiro público investido polo Concello de Lugo a través do convenio de colaboración asinado co Clube Deportivo Lugo e que implicou a compra de 600.000 euros en accións. “Ademais, a entrada de dous concelleiros, José Manuel Díaz Grandío (PSOE) e Juan Carlos Plaza (P.P), no organigrama do C.D. Lugo, contravén o convenio asinado entre o ente local e o clube de fútbol que tiña carácter excepcional e para posibilitar a súa conversión en SAD, segundo as cláusulas do mesmo”. Para o membro de EU-Lugo, estas axudas son mais indecentes se temos en conta que triplican as partidas orzamentarias destinadas polo concello a “urxencia social”.
Para Portomeñe o engano consúmase tamén a dia de hoxe no incumprimento da devolución dos cartos que tamén figura no propio convenio coa data límite do dia 31 de decembro, sen que no último pleno do ano celebrado o día trinta se deran contas desta cuestión.
Trátase dunha burla e dunha estafa a cidadanía en plena época de crise, cando segundo o IGE, 14.000 familias do noso concello pasa serios atrancos para rematar o mes” engadiu o responsable de política local de EU quen rematou dicindo que “EU-Lugo desexa os maiores éxitos deportivos do C.D Lugo e do C.B Breogán, pero non a costa dos cartos públicos, mais canto estas axudas se volven sempre en contra dos propios clubes”.
Xa que logo, Concello e Deputación gastaron en 2013 preto de 4 millóns de euros en axudas aos dous clubes deportivos profesionais mencionados. EU emplazou ao Concello e á Deputación a aclarar tamén a posible remuneración que recibirán todos os seus representantes nos consellos de administración de Breogán e Lugo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario