EU CONSIDERA INACEPTABLE E
INFAME A PRETENSIÓN DO ALCALDE DE DEDICARLLE UNHA RÚA AO REPRESOR FRANQUISTA
MANUEL FRAGA
O goberno municipal decidiu cambiar os nomes de nove rúas dedicadas a personaxes vinculados ao franquismo en cumprimento da Lei de Memoria Histórica. Sen embargo, o alcalde, López Orozco, decidiu aceptar a proposta de dedicarlle unha desas rúas a Manuel Fraga, exministro de Franco directamente vinculado á represión.
Supón unha contradición absoluta
cambiar a denominación de nove rúas con nomes de personaxes franquistas en
cumprimento da Lei de Memoria Histórica e, paradoxicamente, vulnerar a propia
lei dándolle o nome dun represor do franquismo, con responsabilidades directas
en varios crimes de Estado, algúns deles investigados actualmente pola xustiza
arxentina. Numerosas asociacións de recuperación da memoria histórica
teñen sinalado o papel represor de Manuel Fraga nos anos da ditadura franquista,
incluíndo o goberno de Arias Navarro en 1975.
EU considera que dedicarlle unha rúa a
Manuel Fraga contravén claramente os principios básicos recollidos na Lei
52/2007, de 26 de decembro, coñecida como "Lei de Memoria Histórica". A
"Exposición de motivos" da Lei da Memoria destaca que "os cidadáns teñen
dereito [...] a que os símbolos públicos sexan ocasión de encontro e non de
enfrentamento, ofensa ou agravio". O propio informe do Secretario do Concello
destaca os "posicionamentos xurídicos, que, neste caso, si admiten unha carga de
subxectividade grande". Sen embargo sostén que dedicarlle unha rúa ao exministro
franquista non é motivo de "enfrentamento, ofensa ou agravio".
Evidentemente, a biografía de Manuel
Fraga contén motivos abondo para que dedicarlle unha rúa sexa motivo de
"enfrentamento, ofensa ou agravio" e ningún deles está recollido no
informe do Secretario do Concello. Destacamos os seguintes:
1. Dedicarlle unha rúa ao exministro
franquista supón un motivo de claro enfrentamento. Existen varios exemplos que o
confirman, destacando a controversia xenerada nos concellos de Monforte e
Santiago de Compostela.
2. Aínda máis claro foi o seu papel
protagonista como portavoz do goberno franquista durante a detención, proceso e
asasinato do comunista Julián Grimau, do que precisamente este ano se cumpriron
cincuenta anos. Ademais de asinar e votar a favor do fusilamento dun inocente,
foi o autor do libelo "Crimen y Castigo" que foi utilizado como proba concluínte
no xuízo farza contra Grimau. O abogado civil de Grimau, o lucense Armandino
Rodríguez Armada, explica no seu libro ¿Quién mató a Julián Grimau? o
papel xogado polo político de Vilalba en todo o proceso.
O 15 de novembro de 2006, o senador
Manuel Fraga votou no Senado en contra da rehabilitación de Julián Grimau,
iniciativa presentada por IU e aprobada por maioría da Cámara Alta. * Engádese
un anexo coa biografía de Grimau.
3. Fraga é un dos principais represores
investigados na querela arxentina contra a ditadura franquista. Amparados na
lexislación internacional da ONU sobre Xustiza Universal, as vítimas do
franquismo presentaron en abril de 2010 no Xulgado Nacional no Criminal e
Correccional Federal Nº1, de Bos Aires (República Arxentina), a Querela
4591/2010, denominada "por xenocidio e/ou crimes de lesa humanidade cometidos en
España pola ditadura franquista entre o 17 de xullo de 1936, comenzo do
golpe cívico militar, e o 15 de xuño de 1977, data de celebración das
primeiras eleccións democráticas".
A xuíza arxentina María Servini de
Cubría ven de ditar unha resolución de orde internacional de detención
preventiva e extradición de catro axentes policiais do franquismo. Todos eles
son acusados de torturas durante os últimos anos do franquismo, especialmente no
tempo no que Fraga tivo responsabilidades como Ministro da
Gobernación.
A querela, presentada por familiares de
asasinados e desaparecidos durante a ditadura, e por diversas asociacións
españolas e arxentinas, entre as que se atopa o PCE, tamén se presenta contra o
exministro Rodolfo Martín Villa pola morte de cinco traballadores en Vitoria na
folga de marzo de 1976, cando era ministro de Relacións Sindicais. O máximo
responsable das forzas da orde era Manuel Fraga.
4. Xa en 2007, dous organismos
arxentinos de defensa dos dereitos humanos, a Asociación de ex Detidos
Desaparecidos e o Centro de Profesionais polos Dereitos Humanos, solicitaron que
Manuel Fraga declarase na causa que investigaba a Alianza Anticomunista
Argentina (AAA), coñecida como Triple A, a organización policial que nos anos 70
causou miles de vítimas na práctica de terrorismo de Estado.
Por esta causa foi extraditado e
encarcerado o xefe militar da Triple A, Rodolfo Eduardo Almirón, responsable de
máis de 1.000 asasinatos de políticos, sindicalistas, periodistas, sacerdotes,
intelectuais, artistas, diplomáticos e estudiantes de esquerdas entre os anos
1973 e 1976.
Almirón fuxiu a España en 1975 e foi
protexido de Manuel Fraga desde a súa chegada. Participou nos sucesos de
Montejurra, entre outros, e traballou como xefe da escolta do exministro ata
1985.
5. Fraga opúxose sempre á legalización
do PCE. De feito, cando foi legalizado o 9 de abril de 1977 manifestou: «La
legalización del Partido Comunista es un verdadero golpe de Estado»
6. En 1977, no transcurso dun mitin
electoral de AP celebrado no Pabellón dos Deportes de Lugo, Manuel Fraga ordena
aos membros da súa escolta cargar contra unha parte dos asistentes que
protestaba, resultando varios persoas feridas polo uso dos obxectos contundentes
esgrimidos polos agresores. Os feitos foron recollidos pola prensa estatal,
destacando o feito de que o propio Fraga sacou a chaqueta e pretendía
enfrentarse el mesmo cos lucenses que protestaban.
Xa que logo, en EU consideramos que
os/as lucenses temos dereito "a que os símbolos públicos sexan ocasión de
encontro" e afirmamos que dedicarlle o nome dunha rúa a Fraga contravén a Lei de
Memoria Histórica por canto é motivo claro de "enfrentamento, ofensa ou
agravio".
No hay comentarios:
Publicar un comentario